Ola tod@s :)
Aquí en Gales acordeivos anoite despois dunha saída co obxectivo de falar galego; creo que xa volo mencionei o da nosa 'sociedade galega' que vai atraendo fieis cada vez máis numerosos con cada encontro nun pub galego-friendly os mércores pola noite ;)
Hoxe se realizou un dos meus desexos que tivera dende aquel último día en Santiago - unha clase de galego! Por fin. Xa que non se apuntaran suficiente alumnos do cuarto curso, non podo estudalo oficialmente pero nin a asistante de galego nin nós os alumnos insatisfeitos somos quenes acepta-las cousas tal que son, e temos organizado unha especie de clase inoficial á hora de xantar. Estou moi contento de que teña de novo os recursos de seguir aprendendo a lingua de Galiza! Moi contento.
Tamén vos quixera informar da presencia dalgunhas estudantes galegas aquí na nosa Universidade de Bangor, con que teño o pracer de conversar en galego. Coma case todos os santiagueses durante o curso, aínda me enche dunha ledicia enorme ver o sorprendidos que quedaron os de Vigo, Santiago e Carballo ao saberen que eu, un inglés, falo galego.
Finalmente, espero que as cousas vos vaian ben a todos e a todas, e que vos animedes a subir aquí alguiño de vez en cando e así o blog irá medrando! É unha plataforma moi util, graciñas ás teachers para ter tido a idea. Por certo, xa vin os videos da Txeca e da Madrigalega, e son moi bos os dous. :)
Moitos bicos,
Tom
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Toooomm!! Q alegría ver que escribiches no blog. Estou moi contenta vendo que segues con ese entusiasmo falando galego e facendo o posible por aprender cada vez máis! Sinto que sexa difícil, pero QUERER É PODER, e aínda que só sexa dedicarlle un pouquiño de tempo á hora de xantar, e outro pouquiño nas noites de farra dos mércores night, seguro que aprendedes moito, pois o voso esforzo e o da vosa profesora ha valer a pena! Os meus parabéns para vós e para ela!
ResponderEliminarEn canto ós vídeos, hei subir máis, pero tardo porque me están dando bastantes problemas e teño que ir pouco a pouco! Pero todo chegará!! En breve xa te verás ti! :)
A ver se con isto a xente se anima a escribir un pouquiño máis vendo que a cousa non está morta, senón que aínda hai quen aghuanta!!!
Unha aperta,
Rosa
Así me gusta, que non deixedes o galego atrás cando facedes as maletas de volta ás vosas casas. Creo que os que miramos de cando en vez o blog somos poucos, pero xa sabedes aquilo de que "moitos serán os chamados e poucos os escollidos". Un bico moi grande a todos o que como di Rosa aguantan ou, diría mellor, manteñen o entusiasmo e o interese. Así que María, Ariane, Elena, Paulina e Tom vai para vós unha aperta forte.
ResponderEliminarCarme