jueves, 19 de noviembre de 2009

Ao equipo internacional de galego...

Ola tod@s :)

Aquí en Gales acordeivos anoite despois dunha saída co obxectivo de falar galego; creo que xa volo mencionei o da nosa 'sociedade galega' que vai atraendo fieis cada vez máis numerosos con cada encontro nun pub galego-friendly os mércores pola noite ;)

Hoxe se realizou un dos meus desexos que tivera dende aquel último día en Santiago - unha clase de galego! Por fin. Xa que non se apuntaran suficiente alumnos do cuarto curso, non podo estudalo oficialmente pero nin a asistante de galego nin nós os alumnos insatisfeitos somos quenes acepta-las cousas tal que son, e temos organizado unha especie de clase inoficial á hora de xantar. Estou moi contento de que teña de novo os recursos de seguir aprendendo a lingua de Galiza! Moi contento.

Tamén vos quixera informar da presencia dalgunhas estudantes galegas aquí na nosa Universidade de Bangor, con que teño o pracer de conversar en galego. Coma case todos os santiagueses durante o curso, aínda me enche dunha ledicia enorme ver o sorprendidos que quedaron os de Vigo, Santiago e Carballo ao saberen que eu, un inglés, falo galego.

Finalmente, espero que as cousas vos vaian ben a todos e a todas, e que vos animedes a subir aquí alguiño de vez en cando e así o blog irá medrando! É unha plataforma moi util, graciñas ás teachers para ter tido a idea. Por certo, xa vin os videos da Txeca e da Madrigalega, e son moi bos os dous. :)

Moitos bicos,

Tom

lunes, 9 de noviembre de 2009

A "txeca" e a "madroña" conversan en galego

Paulina, a checa, falando galego

Ninguén me recorda

Xa pasaron tres meses (e imos camiño de catro) que rematou o curso de galego 2009. Pensaba que alguén se lembraría de min, polo menos, para mirarme por curiosidade, que de vez en cando gravariades en min un saudiño, que aínda estabades aí... Pero non é así. Pero sabedes que? Que pensei que sería unha boa idea subir aqueles vídeos que vos prometera subir Rosa, e igual así entrabades con ganas de botar unhas risas. Lembrades? Si, si, son eses! Os vídeos que graváchedes con ela falando en galego! Deina convencido, porque non sei se víchedes que xa podedes ver o de Elena. Dixo que agora que ten algo máis de tempo ía tentar subilos todos, así que xa me contaredes, a ver que vos parecen... :)

Unha aperta

O blog

Elena, a madrileña falando en galego