Preguntoume hoxe unha galega no avión á casa, Entón, que relación tes coa Galicia?
E non souben responderlle decontado. Cando? Como? Por que? Eran uns segundos, durante os que a miña mente volveu voar ao momento exacto cando, para min, empezaron a historia, a relación e esta obsesión máis viva que nunca que teño con GZ. Entón, sabendo xa que sempre resulta máis sinxelo, catártico e productivo explicar un pensamento en voz alta que seguir pensándoo, contesteina.
Unha tarde na clase de gramática española, a miña profesora viguesa púxose con confianza diante dos seus alumnos e anunciou: Este verán, hai cursos de lingua galega [penso que gardara o de 'cultura' para que a descobramos nós máis tarde] en tres universidades de Galicia: Santiago, Vigo e A Coruña.
Aquel día non me interesaba ir, así que non fun. A miña compañeira tampouco. Estamos aprendendo aínda castelán. Primeiro poñámonos confortábeis con esta lingua aínda extraña, logo ver que tal co galego, non? Si, home. Sexa razoable.
Dábame de conta que durante o curso seguinte, unha amiga húngara que fixera o curso en Vigo-Allariz non puido deixar de falar de Galicia. Non puido. Facíase amiga con tódalas estudantes galegas de intercambio dun xeito magnético que facía que eu tamén me ía poñendo curioso. E vía na súa cara o que vexo agora nas vosas, e na miña espero que o vexades. Estaba namorada (e segue séndoa) aquela rapaza, sen dúbida ningunha namorada.
E Galicia fai que un comparte.
En xullo 2008 fun a Santiago. Namoreime. Sigo sendo namorado, coma a rapaza. Coma a miña profe. Coma vós.
Este ano volvín namorarme (xa podo casar), e todos e todas vós son parte diso. Non vos esquecerei, non vos preocupedes diso. Nunca.
- Tom
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Tom!!! Q bonito! Alégrame saber que este curso espertou en vós máis amor pola lingua galega e por Galicia, e que seguides namorados do idioma e da terra! Aquí nunca vos esqueceremos tampouco, porque xa formades parte de nós, por tanto que fixeches e facedes, e por ser como sodes... únic@s e marabillos@s!!!
ResponderEliminarQuero agradecer tamén o labor das vosas profesoras ou profesores, xa que senón fora por elas ou eles, quizais nada disto sería posible... mil grazas! :D
Rosa