
Dende que nacín, esta terra viume cada verán entre Compostela e Montederramo (Ourense), xa fose en Xullo ou en Agosto. “Me’n vaig al poble” dicía eu ao rematar a escola. Daquela, aínda que me gustaba vir, as vacacións na aldea eran só unha obriga e o foron ata que puiden quedar en Barcelona para traballar nos meses de verán. Galicia, entón, deixou de ser aquelo que viña sendo para min, ata se converter só na terra de orixe dos meus pais. Malia que eles os dous falan galego as vinte e catro horas do día e que veñen a Galicia a miúdo, a terra das meigas chegou a me quedar moi lonxe, xeográfica e sentimentalmente. O ano pasado dixéronme de estudar nos cursos de galego da Universitat de Barcelona (UB) porque a Xunta financiábaos e podiamos conseguir 7.5 créditos no noso expediente. Recoñezo que a primeira idea non era a de redescubrir a miña sangue 100% senón só aproveitar a oportunidade que se me ofrecera para os meus estudos. Na clase (o ano pasado non houbo tódolos niveis do Celga xa que era o primeiro ano que se daban as clases na universidade) ás veces pensaba que facía eu alí se non ía para filóloga (como moitos o son na nosa clase;P) pero cando o meu profesor falaba desta a nosa terra e cando unha tarde puxémonos a cantar os dous diante da mirada de: que fan estes? do resto da nosa clase, alí comecei a entender que a miña sangue é galega, que a miña orixe é galega e que a miña familia tamén o é. As clases remataron e a miña paixón por Galicia medrou a barullo pero non foi ata que Silvio, meu compañeiro na clase de informática, me dixo que era galego e que aínda que o seu corpo estivera en Barcelona, a súa cabeza e o seu corazón estaba en Galiza. A súa loita polo galego e por a liberdade en Galiza fíxome pensar que estaba eu a facer; a que fora a miña loita aí atrás era agora a súa e aínda máis, o era a mil quilómetros de distancia. Esta bolsa que se me concedeu para estudar en Santiago ía ser para voltar a esta cidade e para cambiar algunhas cousas na miña vida pero o que me levo non só é iso senón que é moito máis, é a seguridade de que esta é a miña terra na que me sento ben e na que todo me fai sentir na casa. Sen dubida agora si que podo dicir que son catalá pero abofé SON GALEGA e non só pola miña sangue!!!!!!!!
Marta Bascoy Fernández (Cataluña)
No hay comentarios:
Publicar un comentario