
...Houbo unha vez un vello. A súa muller morreu e deixoulle unha filla. Pasou o tempo e o vello casou con outra, unha muller moi mala. Ela tamén tiña unha filla. Difícil foi a vida da filla do vello, xa que a nova muller non a quería. Obrigábaa a facer as tarefas duras da casa, sempre rifaba con ela e pegáballe, mentres que a súa propia filla non tiña que facer nada. Un día a madrastra decidiu bota-la rapaza da casa. Díxolle ao vello:
- Lévaa ao bosque e déixaa alí, para que os meus ollos non a vexan nunca máis.
O vello deu en chorar pero sentou a filla no trineo e levouna ao bosque, deixouna alí na neve debaixo dun abeto sen ningún abrigo e foi rapidamente para a casa para non ver a súa morte.
A pobriña quedou tremendo de medo e frío. De súpeto viu un ancián vir, era o Avó Frío. Díxolle á rapaza: „Ola, filla, son o Avó Frío.“ A rapaza contestou: „Bo día, avó.“ El preguntoulle á rapaza: „Tes frío, filla?“ e ela dixo „Non, non se preocupe, avó, estou ben.“ Sorprendeuse o Avó Frío, soprou co seu alento xeado, tremou a rapaza, pero ela non se queixou, volveu a dicir: „Estou ben, meu avó, non teño frío“. Viu o Avó Frío que era unha rapaza moi boa e obediente, entón tróuxolle un baúl cheio de ouro e prata, un abrigo quente e levouna á casa no seu trineo. Cando a madrasta viu que a fillastra non morrera, senón que regresou feliz e rica, anoxouse moito, apresouna a envexa. Decidiu enviar a súa filla tamén ó bosque. O vello levouna ao mesmo sitio, debaixo do mesmo abeto, onde deixou o outro día a súa propia filla. Igual que o outro día, veu o Avó Frío e preguntoulle como estaba. E díxolle a rapaza: „Como podo aguantar con este maldito frío? Non ves, vello, que xa estou conxelada? Mellor dáme o teu abrigo!“ Sorprenduese moito o Avó Frío e preguntou outra vez: „Estás ben, filla?“ E escoitou de resposta: „Ti, parvo vello, non entendiches? Xa che dixen que teño frío“. Anoxouse o Avó Frío e conxelouna ata a morte.
Anna (Rusia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario