Unha vez escribín un conto en galego. É escrito en galego porque si, porque estaba nun tren con ganas de escribir e porque así saíron as palabras. Aquí tendes un fragmento:
“Hmm?”
Isto é a súa forma de dicir calquera cousa que desexa exprimir. Non sei se o fai con outros, pero adóroo. Téñoo pensado moito. Podería significar: “É bastante?” ou “En que pensas?” ou “Cres que teño razón?” Hai posibilidades infinitas, como cría cando estaba coñecéndoa.
Coñecina hai dous anos. No cinema digo eu; ela contaría distintamente. Pero a primeira vista nunca se esquecerá: na aula grande, na uni, no xersei vermello. Movouse fóra dun grupo de estudantes estranxeiros, coma o era toda a xente alí aquela noite, e como estendía o seu corpo para alcanzar unhas tapas nunha mesa insulsa, revelouse a barriga coa súa pel magníficamente moura, que contrastaba co seu cinto delgado e dourado atado ós seus pantalóns negros chic.
Atopei aquel cinto inesquecíbel hoxe, cando non estaba mirando. Estaba vestíndose no cuarto de baño. Non me sentín mal, porque atopárao, e toqueino, e desexaba máis que nunca volver a aquel momento para velo outra vez sobre o seu corpo. Se xamáis soubese o que fixera, non penso que lle importaría. Para min, así tamén son os consellos - para non escoitar, como discutimos hoxe. Son como as alarmas de guerra – ó oílas foxe a xente. É que entre as voces internas - chamémolo ‘unha festa de consciencias’ – que difícil é escoller a que desexas; máis difícil aínda seguir o camiño que che consellan tomar, porque ignoramos cousas. Todo se fará mañá, non?
---
Non pode decidir. Que sexa polo pasado, polo porvir, ou por unha das súas enerxías secretas e descoñecidas (non son todas así?) e a min, lonxe no sofá con ela, resúltame difícil saber qué dicirlle. Ás veces lle conto o que vén á cabeza, a ver se chega parecido en palabras raras no aire, e sei que sempre, sempre, me está escoitando; non importa se despois de escoitarme descarta a miña frase ou non, o importante é que me escoita.
- Tom (Reino Unido)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario