
Cando hai algo que me gusta moito acostumo compartilo cos que me rodean, e esta vez vós sodes os elixidos. É dalgunha maneira unha invitación, que podedes rexeitar ou non… Propóñovos coñecer a Mallacán, un dos meus grupos favoritos en aragonés. Na súa música mesturan varios tipos de música coma o rock ou o reagge, con instrumentos tradicionais aragoneses coma a gaita de boto como protagonistas principais. Teñen tocado en festivais de toda Europa, e hai uns meses remataron o seu cuarto disco, Mar de sonios. Como mostra, un botón: (http://www.youtube.com/watch?v=tn9wNfKtVjQ).
Unha das cousas que lles fai seren tan únicos é que sempre cantan en aragonés, unha lingua que está a loitar por sobrevivir, pero que aínda está viva, a pesar de que, desgrazadamente, moita xente non saiba da súa existencia. O aragonés é unha lingua derivada do latín que é falada hoxe en día por arredor de 10.000 persoas (nomeadamente nos Pirineos), que a teñen como lingua materna. A presión do castelán fixo que o seu uso se limitase ao ámbito familiar e rural, e que os que a falaban fosen ridiculizados e medrase neles o autoodio (do mesmo xeito que vimos na clase que pasou co galego), pero nestes últimos anos moita xente está a loitar para acabar con estes prexuízos lingüísticos… Se tedes curiosidade recoméndovos que vexades a web www.charrando.com, que é unha das máis completas...
Marina (Zaragoza)
No hay comentarios:
Publicar un comentario