miércoles, 29 de julio de 2009

Unha má experiencia...


Ola todos!

Quería contarvos unha experiencia que hai uns días tiven a (má) sorte de vivir. Trátase dunha de moitas probas do desprestixio que experimenta o galego entre os seus usuarios. É o seguinte:
Xunto cunha amiga miña entramos na tenda de xornais e pedimos un xornal calquera, só queriamos que fose en galego. A señora do quiosco, ó ouvir a noso desexo, asombrouse moito, ata se puxo un pouco agresiva e comezou un discurso de varios minutos, cheo de emoción e insultos fronte á lingua galega. A señora asociábaa coa xeración dos probes, dos aldeáns sen futuro que o mellor que poden facer é pasar ó outro mundo ou polo menos deixar de falar en galego. Como podedes imaxinar, ó final daquel sermón dixo que non nos ía vender nin “Galicia Hoxe”, nin “Xornal”. Dixo, con toda a convicción, que deberiamos aprender o inglés ou polo menos o castelán en vez do galego. Este último, na súa opinión, non serve para nada.
Penso que, lamentabelmente, o que dixo a señora sobre a morte da súa xeración, ten moito que ver coa verdade. O desprestixio e os prexuizos son o que danan á lingua e non lle permiten desenvolverse con toda a soltura. Felizmente, sigo atopando sinais do amor dos galegos pola súa linga a cada paso. Xa o feito de existiren tantos xornais, editoriais e programas de televisión en galego, mostra o imenso afecto, grazas ó que o idioma sobreviviu as tentativas de erradicalo. Sobreviviu nas corazóns dos falantes e agora nada lle impede florecer. O problema habita nas cabezas da xente.
A miña lingua, o polaco, tamén foi desprezada durante 123 anos (entre 1795 e 1918 cando Polonia non existía no mapa de Europa). Moitos polacos tiveron que emigrar. Non entanto, conseguiron crear as nosas mellores obras non contemporáneas (as románticas). O caso do polaco que agora goza dun estado independente mostra que a loita dos afeccionados polo galego ten sentido. Ó fin e ó cabo paga a pena.

Bartosz (Polonia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario