Cando era aínda unha nena visitaba Galicia co meu pai. Lembro moitas cousas e
tamén moitos lugares pero non lembraba a cidade de Compostela. Durante o último ano na universidade non pensei nin por un momento que puidese vir a Galicia a pasar o mes de xullo, pero un día calquera, polo mes de abril máis ou menos, a miña profesora de galego informoume dos cursos de verán e pensei que podería ser unha moi boa oportunidade para volver á esta cidade que xa tiña esquecida. O feito de ter que ir a clase tódolos días non me facía moita graza, xa que levaba un ano madrugando día si e día tamén, pero estaba disposta a pasar por iso, e teño que dicir que unha vez aquí non foi tan duro o esforzo que tiña que facer.
tamén moitos lugares pero non lembraba a cidade de Compostela. Durante o último ano na universidade non pensei nin por un momento que puidese vir a Galicia a pasar o mes de xullo, pero un día calquera, polo mes de abril máis ou menos, a miña profesora de galego informoume dos cursos de verán e pensei que podería ser unha moi boa oportunidade para volver á esta cidade que xa tiña esquecida. O feito de ter que ir a clase tódolos días non me facía moita graza, xa que levaba un ano madrugando día si e día tamén, pero estaba disposta a pasar por iso, e teño que dicir que unha vez aquí non foi tan duro o esforzo que tiña que facer.A miña chegada a Santiago foi o día un de xullo e dediquei o día a buscar a casa na que tiña que aloxarme, algo nada doado para min xa que non teño orientación ningunha. Unha vez encontrada a casa, organicei as miñas cousas e esperei ata o seguinte día, día no que coñecería a Malores, a nai de todos nos. Despois de recibir o cheque, a benvida de Malores e unha carpeta horrible, fun recorrer Santiago coa intención de coñecerlo mellor, algo que non supuxo moito traballo puesto que non é unha cidade moi grande.
As clases empezaron un venres, en mi opinión o peor día da semana para empezar unhas clases, pero foi divertido e moi emocionante coñecer tanta xente diferente e de lugares tan variados. Fixeron falta algunos días e algunhas pequenas festas para coñecer á xente, pero mereceu a pena. Ninguén me fixo sentir incomoda en ningún momento e teño que recoñecer que, en xeral, estiven a gusto con todo o mundo. Os días pasaban e a xente cada vez era máis aberta. As clases eran divertidas pero as conferencias non me producían o mesmo sentimento, é máis, teño que dicir que algunhas eran moi aburridas e podían considerarse como un dos mellores sustitutos dos somniferos. Nada que o meu corpo non puidese aguantar... xD
Agora xa chegamos ao final, e podo dicir con total sinceridade que disfrutei moitisimo da miña estancia en Santiago. Difrutei moito da cidade, das clases e de tódalas actividades que os profesores e os encargados dos cursos prepararon para nos.
En xeral foi unha moi boa experiencia, e non sei se poderé volver o próximo ano, pero se puidese, volvería sen pensarlo. Marcho a Bilbao tras unha gran experiencia e con amigos que espero volver a ver pronto. Dar as grazas, tanto aos organizadores do curso como aos profesores e compañeiros, é o único que podo facer.
Me despido de vos dándovos unha gran aperta e cun "ata pronto", xa que un "ata sempre" supoñería dar por feito que non vos volvería a ver. Grazas por compartir esta experiencia comigo e disfrutade dos días que quedan.
Ariane Aguirre, Euskadi
a foto que escolliches ten algún significado especial?
ResponderEliminare non tes ningunha palabra para a túa compañeira de piso? moi ben, tereino en conta!