
Hai cinco anos, cando estaba en Romanía, un amigo meu contoume unha historia interesante; o seu pai era profesor de física e un día recibiu unha chamada dun compañeiro seu, pedíndolle arbitrar na calificación dunha pregunta de exame.
O profesor quería poñer un cero a un estudante pola súa resposta nunha pregunta de física, pero o estudante afirmaba que debía recibir a nota máxima. Polo tanto, o profesor e o estudante decidiron recorrer a un árbitro que este profesor elixiu: o pai do meu amigo. A pregunta do exame era a seguinte: demostra como se pode establecer a altura dun edificio coa axuda dun barómetro. O estudante contestou: leva o barómetro ao alto do edificio, átalle unha corda longa, fai que o barómetro baixe ata a rúa; mide a lonxitude da corda necesaria: a lonxitude da corda é a altura do edificio.
O pai do meu amigo observou que o estudante realmente contestou correctamente á pregunta, pero non contestou con competencia en física, entón o profesor propuxo que lle dese outra oportunidade ao estudante; esta vez o estudante contestou: leva o barómetro ao teito do edificio, deixa caer o barómetro, medindo o tempo da caída coa axuda dun cronómetro. Despois, usando a fórmula S=1/2(…), calcula a altura do edificio.
O profesor deuse de conta que o estudante tiña razón e tamén tiña dereito a unha boa nota.
Despois de exame, o alumno falou co pai do meu amigo e díxolle que tiña outras respostas posibles: colle o barómetro e comeza a subir as escaleiras; a medida que sobes as escaleiras, marca a lonxitude do barómetro na parede. Despois, conta o número de marcas e esta sería a altura do edificio.
Pero ao final da charla, díxolle ao profesor: probabelmente a mellor opción é chamar á portería; cando abra o porteiro, dille ‘porteiro, teño aquí un barómetro excelente; se me dis a altura deste edificio, doucho’.
Naquel momento, o profesor pediulle a resposta convencional da pregunta. O estudante contestou ben e díxolle que sería mellor se se estudase a lóxica da materia, non soamente a estrutura desta.
DUMITRIŢA BOAR (Romanía)
No hay comentarios:
Publicar un comentario