lunes, 27 de julio de 2009

Un pouquiño de literatura

Lémbrome da miña mestra de literatura falando en clase da realidade galega reflexada nos texto que líamos e pensaba que estaba tola. Para min eran textos sen máis, algunha novela máis interesante ca outra pero xa. Agora estou aqui vivindo esa realidade en primeira persoa e entendo moito mello o que ela intentaba explicarme.

Cando cheguei a Santiago quería ler algunha novela contemporánea que na clase non tive tempo de ler. Pensei en Manolo Rivas, Suso de Toro pero ao ver o programa das conferencias vin que Méndez Ferrín viría visitarnos e non podía perder a oportunidad de ler unha novela súa na súa terra e obter unha dedicatoria. Así foi, merquei Arrabaldo de Norte (novela que aínda non rematei de ler) e coñecín a Ferrín. Para min os escritores e tódolos intelectuais están un peldaño máis arriba ca min pero aquí é distinto, eles fanche sentir á súa mesma altura. Un día estas na clase falando deles ou na casa lendo un libro deles e ao dia seguente estás xantando con eles.

Por iso este curso é tan importante para min. Ó chegar pensaba que sería un curso de lingua máis, pero é moito máis que iso, con tódalas actividades que temos vívimos moito mellor Galicia. As conferencias, non todas, son moi interesantes e para min oir e coñecer a xente coma Monteagudo, Alonso Montero, Beiras o Ferrín foi moi especial. Sobre todo Alonso Montero: lin tantos artigo súos o oín tanto falar del, que xa era coma se o coñecese. Ademáis na miña facultade fánse proxectos e unha revista (Madrigal) nas que él colabora.

Tamén as excursiones fannos sentir esa realidade, estar en lugares dos que liches cousas é para min moi emocionante. E ver de tan preto esas paisaxes, que cría que non era para tanto, pero NAMORAN a calqueira.

Todo isto non sería posíbel sen o esforzo dos organizadores, como non mencionar o sorriso que Malores ten cada mañá para todos nos ou a cercanía das profesoras. Carme fai que os verbos sexan divertidos e Rosa que a nosa fala mellore cada día.
E todos vos. Non importa a idade nin donde vimos, nin o que estudamos, cando estamos xuntos somos todos iguais e temos algo en común: GALICIA

Ferrín na súa dedicatoria dirixiouse a min como "a madrigalega". Eu non podería explicalo mellor: síntome madrigalega.

ELENA AGUADO (Madrid)

No hay comentarios:

Publicar un comentario