martes, 28 de julio de 2009

Santiago e as peregrinacións



Vou contarvos algo do meu traballo dedicado ás peregrinacións.
As peregrinacións son tan vellas como a humanidade mesma. Dende os comezos da historia de cristianismo é a peregrinación o fenómeno universal. O paso é un dos elementos máis básicos que conservan a identidade orixinal da peregrinación. O esforzo físico, o cansazo, o contacto directo coa beleza e inhospitalidade da natureza, a conciencia do tempo e o seu paso, todo iso axuda á persoa a coñecer as súas capacidades e limitacións. O peregrino ten a posibilidade mediante a viaxe de darse conta da súa propia existencia. A peregrinaxe achega as novas posibilidades da espiritualidade humana e o sentimento relixioso. A participación na peregrinaxe pode causar o encontro co “eu“ interior, un fenómeno moi escaso na nosa sociedade globalizada. A peregrinaxe é un acto social e leva os elementos da tradición das viaxes colectivas. Todos os peregrinos queren incorporarse nesta tradición viaxera tan admirable, caminar nas pegadas dos outros peregrinos é ser unha parte da historia e cultura das peregrinacións. A peregrinaxe é ata agora o símbolo da historia europea, á continuación da tradición europea en canto á fidelidade e piedade. Este fenómeno demola as fronteiras entre os países e rexións, por iso une ós europeos como os pertencentes e as testemuñas da historia e da actualidade que temos en común. O camiño de Santiago desempeña unha función da viaxe calquera que se adaptou na cultura determinada.

E agora cóntoo (para non aburrirvos):
O ano pasado eu mesma fun testemuña dun acontesemento moi estrano que me pasou en Santiago de Compostela cando lle fixen a entrevista a un peregrino. Chegou a Santiago enflaquecido, famento, sucio e curto de medios, en canto ós kilómetros fixo o camiño máis longo, o Camiño da Plata. Eu tiña dúvidas e non sabía se se trataba dun pobre ou se era o peregrino verdadeiro, pero ao final empecei a entrevistalo. Contábame que lle roubaran no camiño todo o que tiña, pero el non perdeu a súa esperanza e cría que o Apóstolo lle axudaría. Aínda que tiña o seu corpo cuberto da tatuaxe do estilo presidial, parecíame moi equilibrado. O día siguente atopeino na rúa, pero non podía recoñecelo, cambiara totalmente. Tiña a roupa nova e limpa, dicíame que lle pasara o milagre, que o salvara o Apóstolo e que agora ía cara Fisterra. Logo dunha semana vino no Obradoiro, pareceume que estaba moi contento, que puidera rematar o seu camiño.

Šárka (Chequia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario