skip to main |
skip to sidebar
ROSA
É unha gran amante de música, a súa vida é un eterno cantar, a súa paixón chegou ata tal punto que se convertiu nunha cantante afeccionada, noutras palabras, fala cantando de tal xeito que ata os xuramentos parecen rechouchíos de paxaros na plena natureza ao saír da súa boca. É unha muller feita e dereita, e por riba moi xeitosa, o seu sorriso quédalle tan ben coma o corte de pelo que leva, ben, quizais aínda máis, pero o cabelo merece un anaco nesta descrición. O corte é preciso e ben definido, sempre coidadosamente peiteado, liso e castaño de cor, fáltanlle os bucles naturais, para o que ela mesma tén unha sinxela solución - adoita xogar con el nos seus anacos de nerviosismo. Á parte disto, tamén acostuma xogar cos seus anteollos que lle fan ver o mundo con máis precisión, pero xa a vin sen eles. Ponse a roupa cómoda, os vaqueiros e blusas ou camisetas máis ou menos graciosas é o máis típico. Non só é unha gran amante da música, senón tamén da natureza, xa que sempre a acompaña algún animaliño (na forma de debuxo, boneco ou sortella), creo que o seu bichiño preferido é a xoaniña, posto que tén un par delas pegadas ao corazón por fóga, tapado pola roupa. E esta rapaciña tén moito valor porque sempre se pon diante... :-)Paulina, Chequia
jajajajajajaja eu quédome coa camiseta de :MÉTEAS NO CU jajajajajaja é boísima! como rin cando a vin! e xa sei onde a mercou (posibilidade:P)
ResponderEliminar