lunes, 27 de julio de 2009

REM - M. Cărtărescu. Fragmento


Hola a todos e a todas.

Porque tan pouco da literatura romanesa chega a Galicia a través das traducións, decidiu poñer a vosa disposición un fragmento (non é esta a mellor tradución que o pobre autor merecería, pero polo menos é un intento) da novela REM de Mircea Cărtărescu.

O autor, un dos máis importantes escritores romaneses posmodernos, persegue nesta novela, como na maioría das súas obras, o tema do soño, das fronteiras escorridizas entre a realidade e o imaxinado.

As personaxes da novela son unhas nenas, Nana (a que, anos despois, conta a historia), Ester (unha xudía), Puia (unha nena moi fermosa, pero fría e extraña), Garoafa (unha xitana), Ada e Carmina (irmás xemelgas) e a Balea (unha rapaza que leva este alcume pola súa gordura), que comenzan un xogo extraño, "As raiñas". No xogo, cada unha delas recibe una cor, unha flor, un lugar onde van xogar e un obxecto que, ao parecer, no mundo imaxinado-real do xogo adquire poderes máxicos.

O texto original pódese encontrar aquí: http://lecturasenromanes.blogspot.com/

Adina (Romanía)


REM - M. Cărtărescu (tradución do romanés)

Ao cabo dun cuarto de hora volvemos reunirnos todas e mirabamos Ada, que ía ser nuestra raíña, dun xeito distinto. Ela xa levaba unha saia anil e unha camiseta dun malva máis escuro.

Íamos adornala con todos os símbolos da realeza. Pero antes de todo, das mans de Carmina, Ada extrouxo o anaco de papel que contía o lugar onde ela ía reinar. Tocoulle o lugar máis desexado por todas, o patio da nosa casa.

Sentamos Ada no trono e adornámola con todos os abelorios que encontramos. Na man esquerda tiña unha estatua de ferro que representaba un guerrerio indio, como se fose un esceptro. A súa flor colgáballe do peito, amarela-laranxa. Tamén trouxémoslle da casa o reloxo que tiña que utilizar no xogo. Era un reloxo para damas, pequeno, cunha correa vermella, brilante e cunha esfera dourada, con agullas negras. Non tiña mecanismo, era un xoguete para que os nenos ensenasen a hora. As agullas podían moverse con un botón. Puxémosllo na man, e, unha vez rematado o ritual da investidura, inclinámosnos ante a raiña. Esperabamos con curiosidade as súas ordes, mentras cada unha de nós pensaba o que fixese ela se fose Ada.

Despois de mirar cen veces o seu reloxo, despois de mandarnos traer todo xeito de cousas, para gañar máis tempo, Ada, finalmente, decidiuse. Creo que inventara o xogo naquel momento, xa que non o xogáramos ata ese día. Primeiro, mandounos debuxar sete liñas brancas, unha cada dous metros, na senda de ladrillo que levaba o fondo do patio. As liñas tiñan que representar, dixo a raiña, a edade da xente, de dez en dez anos. Por iso escribimos o número 10 xunta primeira liña, 20 xunta segunda, etc., ata chegar a 70. Cada unha de nós, segundo a súa cor, tiña que camiñar ao longo da senda, atravesando as liñas, e mimar en cada intervalo a edade correspondiente. A idea non nos pareceu moi boa, pero podíamos facer iso para comezar. A vellez era fácil de mimar, pensabamos, pero como mimar a edade de trinta o corenta anos?

De todos xeitos, unha orde era unha orde, así que a gorda atravesou a liña que representaba os dez anos, xa que tiña once, e empezou camiñar amodo ao longo da senda. Para “cronometrala”, como oíramos que se facía nas competicións, Ada, da altura do seu trono, mirou o reloxo. Deu un berro de sorpresa, porque as agullas desapareceran. Sería posible que caesen? Só ao abrir o cristal puido entender Ada o que ocorría: metiu o dedo dentro, pero sacouno axiña, ollando asustada a punta que sangraba. As agullas estában alá, pero movíanse tan rapidamente que non se podían ver. A gota de sangue, púrpura e brilante, caíu no seu vestido, onde estendeuse no tecido, formando unha mancha escarlata. Miraríamos ainda moito tempo máis, sorprendidas, o reloxo vivo, se non nos chamase a atención o que ocorría coa pobre Balea mentras camiñaba como unha somnámbula ao longo da senda pavimentada con ladrillo. Chegara ata a terceira liña e, ao principio, pensamos que imitaba esa edade madura, cunha verosimilitude inquietante. Pero non podía ser só unha actuación: a Balea medrara en altura, as cadeiras e os senos volvéranse máis grandes, o pelo xa tiña unha cor máis escura. Agora xa merecía, sen dúbida ningunha, o seu alcume: unha muller totémica, redonda como o planeta Xúpiter, tan masiva como el. A súa roupa cambiaba a medida que avanzaba, a saia era nun momento máis longa e noutro máis corta, os zapatos tiñan tacóns máis altos o máis baixos. A partir da mitade do terceiro intervalo, no anular comezou lucirlle unha gruesa alianza de ouro e, ao atravesar a cuarta liña, o pelo púxoselle cano. Era máis ancha que alta. Crecéralle unha triple papada e os senos chegábanlle ata o embigo. Camiñabamos xunta ela, á beira da senda, pero ela miraba dereito ata diante, cun aire ausente. Pouco antes de atravesar a quinta liña, a Balea derrumbouse. Apartámosnos, aterrorizadas. Ao cabo de uns segundos, da muller enorme só quedaban uns restos de ósos envoltos en trapos podres: un maxilar escuro, un fémur, unhas poucas costas... Axiña, aínda estas convertéronse en po. Empezaríamos a berrar, se non fose pola aparición da Balea junta nós, fóra da senda maldita. E, ao vela mirarnos con sorpresa, entendemos que non sabía nada do que pasara e que non debía sabelo nunca.

Tocáballe agora a Ada, que desprendeu o reloxo da man e deixouno no trono. En vez de temer continuar o xogo, comezáramos sentir curiosidade: queriamos saber como serían as demais rapazas máis tarde na súa vida e cando morrerían. Posto que a idea da morte en si non nos impresionaba, mirábamolo todo como se fose unha película, todo nos parecía unha halucinación extraña na que nin pensabamos crer. Cando Ada dirixiuse hacia a primeira liña debuxada na senda, Carmina seguiuna e colleulle a man. Non podían imaginarse comezar o camiño doutro xeito que xuntas. Iso ía en contra da regra que establecéramos, pero, xa que en primeiro lugar se trataba da raiña, e despois porque non queriamos separar as xemelgas, deixámolas marchar collidas da man, nos seus vestidos brancos, co mesmo pelo castaño claro, vidroso, ondeándolles nos ombros, co mesmo sorriso idiota-encantador nas caras idénticas. Porque, xusto ao dar o primeiro paso, cambiaran de roupa, e elas mesmas, normalmente bastante diferentes para quen non as coñecía moi ben, estaban agora imposibles de identificar. Eran un organismo dobre, co mesmo metabolismo, eran dúas siamesas unidas a través das palmas xuntadas, Carminada ou Adacarmina camiñando cos mesmos movementos, co cabelo ondeando no vento, do mesmo xeito e ao mesmo tempo. Cando se acercaron á segunda liña, convertéronse en dúas mozas vestidas de branco e verde, con pequenas pulseiras en forma de serpe np pulso, sorrindo con beizos carnosos e tenros. Aos corenta anos eran mulleres seductoras, con senos marabillosos, con pernas moi largas, e levaban zapatos delicados de coiro negro e vestidos vermellos.

Elas tampouco cruzaron a quinta liña. De súpeto, unha delas dispersouse no vento tán rapidamente, que por uns instantes o seu esqueleto ainda se mantivo en pé, calzado en zapatos de tacón e vestido en restos de seda. No cranio o pelo seguiu lucindo, ata que se convertiu en cinsa. As uñas caéronlle da man, flotando no aire como pétalos de rosas. A outra xemelga mirábaa estupefacta, aínda non tivera tempo de reaccionar cando o esqueleto da súa irmá se derrumbou, se convertiu en po e desapareceu. A xemelga caeu de xeonllos e logo tendeuse no chan. Quedou inmoble, branqueou, petrificouse. Parecía unha estatua, un molde de Pompei. O nariz agrietouselle, os brazos rompéronse, o tronco crebouse, da estatua non quedaron máis que achas e fragmentos que se pulverizaron aun máis, ata chegar como un po de xiz, que o vento levou e empuxo ata o fondo do patio. Pero Ada e Carmina volveran junta nós, nos seus vestidos de sempre. Ada volveu poñerse a coroa dourada na cabeza e o reloxo na man.

Entón comezou Puia, fría coma unha botela de auga con xeo, fascinante coma o ollo transparente da víbora, pero, máis alá de todo – abstraída, distante. Facendo soar lixeramente os seus colgantes e pendentes, ela atravesou os sete intervalos con paso firme, sen cambiar, sempre igual a si mesma. Ao atravesar a liña que marcaba os setenta anos, era a mesma nena fermosa e, propiamente dito, sen par. A súa imaxe traspasou a tapia do fondo do patio e perdeuse no horizonte, baixo as nubes enganosas. Ester e Garoafa, ao envellecer, acentuaron os rasgos dos seus pobos.

Con todo iso, cada unha volveu junta nós, estremecéndose e tremendo. Ningunha estaba consciente do que lle pasara na senda de ladrillo.

Tocábame. Comecei a prepararme para a gran viaxe. (...)


No hay comentarios:

Publicar un comentario