Coñecina aquí neste curso de verán, aínda que desde que se acercou a min, tiven a sensación de que a coñecía desde sempre. É unha daquelas persoas que ha de ser parte da miña vida, como se pertencese a aquela metade que ao nacer se perdeu. É aquela con que puiden falar de todo, discutir, pero tamén compartir experiencias, sentimentos ou pesares. Grazas a ela puiden recuperar algo que perdín, a miña lingua, aínda que tamén nela se notan os catro anos que leva en Galiza. Desde o inicio comezamos unha loita, unha loita entre dos carácteres fortes, soberbios e con tendencia a dominar sempre, ela buscando sempre a corrixir o meu acento andalú, ese ceceo que tanto me gusta e me caracteriza e eu, corrixindo as súas conxugacións dalgúns verbos romaneses, pero sen resultado ningún. Quero rematar dicindo que mereceu a pena coñecela, dedicarlle a miña confianza e o meu elevado vocabulario romanés – a bo entendedor poucas palabras bastan...
Radu Ilie
Santiago 2009
mellor non o podía dicir nin sequera eu!!!!
ResponderEliminar