
Alá onde se cruzan os camiños
onde o mar non se pode concebir
onde regresa sempre o fuxitivo
poñamos que falo de Madrid.
Onde o desexo viaxa en ascensores
un buraco queda para min
que me deixo a vida nos seus currunchos
poñamos que falo de Madrid.
As nenas xa non queren ser princesas
e aos nenos dalles por perseguir
o mar dentro dun vaso de Xenebra
poñamos que falo de Madrid.
Os paxaros visitan ao psiquiatra
as estrelas esquécense de saír
a morte pasa en ambulancias brancas
poñamos que falo de Madrid.
O sol é unha estufa de butano
a vida un metro a piques de partir
hai unha xeringa no lavabo
poñamos que falo de Madrid.
Cando a morte veña visitarme
que me leven ao sur onde nacín
aquí non queda sitio para ninguén
poñamos que falo de Madrid.
Madrid.......
Impactante. Gústame aínda máis en galego! Grazas txeki!
ResponderEliminar