lunes, 27 de julio de 2009

O lapis do carpinteiro





O autor deste libro é Manuel Rivas, quen naceu na Coruña o 26 de outubro do ano 1957, aínda que fai xa moitos anos que vive en Vimianzo. Escribiu toda a súa obra en lingua galega pero ten tamén uns artigos escritos en castelán. É escritor, poeta, ensaísta e periodista. Tamén colabora en diversos medios de prensa, radio e televisión. A súa obra, a que está escrita en poesía, está recollida nas antoloxías O pobo da noite (1996), Do descoñecido ao descoñecido e Mohicania revisada. Escribiu ¿Qué me queres amor? (1996) onde se encontra o relato A lingua das bolboretas, a obra que foi Premio Nacional Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa. Outros dos seus libros son as tres novelas cortas que escribiu: Os comedores de patacas (1992), O lapis do carpinteiro (1999) que foi Premio da Crítica Española e levada ós cines por Antón Reixa e En salvaxe compaña (1994).
Nos últimos anos seguiu escribindo e publicou O heroe no ano 2006, Os libros arden mal tamén no 2006 e Os Grouchos un ensaio publicado no 2008. Recentemente publiocu tamén un poemario en galego, catalán, castelán e euscaro titulado A desaparición da neve.
É un home comprometido coa sociedade e por iso foi uno dos creadores da plataforma cidadá Nunca máis.
O libro titulado O lapis do carpinteiro fala dunha historia de amor entre un home e unha muller que viven moito tempo separados debido á Guerra Civil, pero non é un texto histórico soamente, nin trata de facer unha reconstrución exacta da terrible historia deses anos, en xeral é unha historia de amor que se sitúa nese marco histórico. O libro preséntanos ao doutor Da Barca, un médico xa vello e enfermo que lle conta o que lle sucedeu cando era novo a un periodista. A súa historia é unha historia marcada polo franquismo, pero aínda que as vidas dos protagonistas sexan duras o amor conseguiu triunfar.
Como personaxes principais temos ao Doutor Da Barca, Marisa Mallo e a Herbal. Se comezamos falando do doutor Da Barca, temos que dicir que Daniel Dá Barca era un médico republicano que polas súas ideas acaba encerrado na cadea de Falcona. É un home que consegue esquivar varias veces á morte, primeiro no propio paredón de fusilamento, logo nun xuízo do tribunal…Pódese dicir que Daniel é unha persoa que aínda que as cousas lle vallan moi mal sempre intenta axudar ós demais, incluso cando está preso sigue exercendo como médico para os outros. A súa vida non é doada, é apresado polas súas ideas e levado á cadea e de alí lévanlle nun tren de tuberculosos a un sanatorio de Valencia, onde logra casar por poderes coa súa amada, Marisa Mallo, coa axuda dunha monxa que o quere moito.
A historia comézaa a narrar o propio doutor, sendo xa vello recorda todo o que lle pasou e fronte a iso destaca sobre todo o seu amor por Marisa. Polo tanto, é un personaxe que crece e evoluciona no relato, é o fío condutor da historia.
Marisa Mallo non ten tanto peso no libro, aínda que é la muller da que os dous homes están namorados (Da Barca e Herbal), ela non é o centro do libro. Marisa Mallo ven dunha familia conservadora que nunca apoiou o seu amor por Da Barca e isto pode verse no libro cando Marisa fala có seu avó Benito Mallo. No relato Marisa tamén crece, ao principio vémoslle como unha muller maior que acompaña ao doutor xa enfermo, pero a medida que o libro avanza Marisa tamén aparece como una rapaza nova, namorada do doutor. Durante toda a súa vida Marisa sigue a Daniel por todas as cárceres, incluso conseguiu ter a súa ansiada noite de vodas coa axuda de Herbal.
Se falamos de Herbal, temos un personaxe complicado. Herbal é a persoa que detén ao doutor e o seu carcereiro. Parte da historia tamén cóntaa Herbal no club onde traballa. Din que sempre estivo namorado de Marisa, el queríaa moito e enténdese que por iso é unha persoa tan complexa, tanto verdugo como ás veces axudante. Herbal conta tamén con la presenza doutro factor moi importante, o lapis do carpinteiro, que lle chega al fusilar ó seu dono. Para min, é uno dos puntos clave do libro, Herbal é a contradición, o punto que nos fai pensar que as cousas non son sempre brancas ou negras. Pódese dicir que o lapis é a conciencia de Herbal, xa que escoita a voz do pintor e este vai dicíndolle o que ten que facer, ata que un día o pintor marcha en busca do seu fillo e non volve. Herbal é a persoa que nun ataque de caridade, o quizais polo amor que sinte por Marisa, lles axuda a ter una noite de vodas, aínda que ó largo das súas vidas Herbal non fai máis que dano ós protagonistas.
En xeral, a obra non sigue unha estrutura lineal. Comézase a contar polo final, cando os protagonistas xa son vellos e pasou moito tempo desde todo o seu sufrimento. Durante todo o libro son normais os saltos no tempo, os recordos e as vivendas de tempos pasados. Uno destes fragmentos podía ser cando Marisa vai falar co seu avó Benito Mallo e recordan os tempos de mocidade da muller. Por outra parte, non só se conta a historia dos personaxes principais, intercálanse outras dos que lles rodean, por exemplo, moitas das historias da cárcere. Pero o máis interesante desta obra podía ser o que o lapis din, o lapis é unha incrible metáfora sobre o ser humano, ten a capacidade de mostrar o amor dentro da guerra ou posguerra, e de facernos pensar (tanto a nós como a un dos protagonistas) que sempre temos una boa obra por facer.
Finalmente tendo en conta todo o anterior, debo dicir que é un libro que non se esquece facilmente xa que resulta agradable lelo e pensar nas cousas que din. Non é un libro histórico, nin creo que pretenda ser un relato verídico da Guerra Civil, simplemente creo que é unha historia de amor situada nese contexto, nesa dura época que a Galicia, como a moitos outros lugares, tocoulle vivir. O libro gústame sobre todo por iso, porque mantendo a verosimilitude fainos crer que todo é posible, desde que os malos sexan bos ás veces, ata que o amor poda triunfar.
Maria (Euskadi)

5 comentarios: