
Gustaríame dar a miña opinión sobre un tema que persoalmente me é moi próximo e que, pola situación actual do mesmo, faime pensar que cómpre esclarecer as cousas.
Trátase do celtismo na música. Penso que é un bo xeito de vender a música que se fai en Galicia ou noutros puntos do globo, que se queiran adscribir a este movemento. Como estratexia de mercado non é completamente mala, o problema é cando o mesmo mercado abusa do mesmo. Cada vez aparecen máis países ou zonas que queren colocar os seus discos na estantería das grandes superficies ao mesmo nivel que artistas de Bretaña ou Irlanda.
Pero existe un problema de base, xa que se pretende facer unha union baseándose en aspectos tecnicos semellantes. Un exemplo sería a utilización da cornamusa. Collese como un dos principais axiomas o emprego de gaitas na música tradicional para se considerar de carácter celta. O problema é que hai moitísimos lugares aos arredores do Mediterráneo, tanto en Europa como en África; logo, moitas destas culturas non foron celtas culturalmente falando.
Para rematar gustaríame plantexar unhas preguntas: Que son os celtas? e como foron utilizados polos nacionalismos románticos?
JuanFran (Albacete)
No hay comentarios:
Publicar un comentario