lunes, 27 de julio de 2009

A MAXIA DOS CONTOS


Din que cada día un aprende polo menos unha cousa nova, non importa o lugar e tampouco o tempo, trátese do que se trate. Decidín achegarvos un pouquiño da cultura checa, pero mentres estaba traballando na tradución, atopei nela moitos aspectos para min ata hoxe en día descoñecidos. Cando era pequena, tragábame, como tódolos nenos, tódolos debuxos animados e contos accesibles, pero daquela non vía máis alá da historia dos personaxes máis ou menos reais; non tiña nin idea de ningún contexto político ou ideolóxico que puidese estar escondido detrás das peripecias dos heroes ou dos imaxes, na forma da súa expresión. Escollín para vós un conto, que xa forma parte da historia cultural do meu país, que segue sendo popular ata a actualidade, mellor dito trátase da descrición dun personaxe dun conto, da creación deste e das súas peripecias, unha formiga que un bo día se fixo famosa....


ADVERTENCIA

Trátase soamente dunha mostra dun conto checo, un conto enxebre, e aínda que siga na escena cultural do país, faino para que a xente non esqueza aqueles tempos complicados e escuros, os contos novos son ben diferentes e Chequia considérase como un dos mellores países en canto á produción conematográfica, pero claro, os debuxos animados e as películas son dúas cousas distintas, non mesturemos peras con mazás.


FORMIGA FERDA

Ferda é o nome dunha formiga moi simpática, dun personaxe que aparece como heroe nos cómics e tamén nos libros de Ondrej Sekora, un escritor checo. Ferda é moi optimista, destaca pola súa intelixencia, nada teme e sempre sabe levantar a cabeza. Distínguese das demais formigas polo pano vermello, con puntos negros, que leva no pescozo. Normalmente os heroes non camiñan sós polo mundo - Quixote gozaba da compaña de Sancho Panza, Shrek do burro e o pai de Nemo de Doris.... - no caso de Ferda nada cambia, o seu compañeiro chámase Pytlík, un escaravello que sempre está en líos. Son dous personaxes opostos, mentres que Ferda se basa nas súas experiencias que lle serven para crecer como persoa, Pytlík é un ignorante que xulga sen coñecer previamente, é un teórico sabeotodo que axudando ampeora as cousas e as situacións.

Ferda apareceu por primeira vez o día 1 de xaneiro de 1933 nun xornal daquela bastante popular na antiga Checoslovaquia; as súas peripecias seguían os feitos producidos na historia do país, e ao principio este cómic era para adultos, ou sexa para a xente maior e non para nenos. Tres anos máis tarde o autor decidiu xantar tódalas pezas do cómic e publicar un libro, pero tivo que refacer a maioría das historias para que fosen lexibles e accesibles tamén para os máis pequenos. A pesar desta corrección había pasaxes bastante drásticos para o público tanto xuvenil como adulto, que non foron eliminados completamente. O último cómic apareceu no xornal Lidové noviny no ano 1941, despois o autor viuse obrigado a abandonar o seu posto de traballo polas razóns políticas. Un ano máis tarde surxiu a primeira película feita por marionetas. Ferda non era soamente a viva representación do tempo e da historia, senón tamén do seu creador mesmo. Sekora fíxose comunista e por iso a formiga empezou a frecuentar as brigadas dos anos cincuenta, cumpría os planos establecidos para cada temporada e loitaba contra os intrusos, tanto fóra como dentro de partido.


FERDA NOS TEMPOS ESCUROS

Como xa dixen, a historia do país proxectábase na vida dos insectos. Comezouse coa primeira república representada nos uniformes dos policías-cortapicos, nos capítulos seguintes loitaban as formigas vermellas nos cascos iguais aos que levaban os soldados alemáns. Falábase da bomba atómica e a venta de billetes que se empregaban en lugar de cartos. Nos últimos capítulos apareceron os concursos laborais, as vantaxes da mecanización das construcións, advertencias ante o perigo da palabra ("o inimigo está escoitándote, as paredes oen,..."), a mobilización do mundo de insectos onde ninguén quedou na posición neutral durante a loita e moitas cousas máis.


PROTAGONISTAS: UN ÍDOLO, UN PALETO E UNHA PIJA

En canto a Pytlík, este aparecía na escena esporadicamente, o verdadeiro heroe era a formiga, o seu compañeiro saía a vista cando lle conviña ao autor; á parte del tamén había outra personaxe, unha xoaniña, como símbolo sexual (ou de atracción) do protagonista. Cada un tiña o seu rol ben definido, xa que hoxe quedeime sorprendida tras atopar ese contexto político tan forte, intentei buscar tamén outros fenómenos máis humanos, espero que así fose a intención do seu creador. Quitándolle a Ferda toda a súa ideoloxía política, podería dicirse que no conto representa a intelixencia, a práctica, o espírito aventureiro, a bondade, a humanidade relacionada cunha enorme capacidade de axudar e solucionar os problemas dos demais. Tamén ten a súa parte sensible, está namorado da xoaniña que non deixa de rexeitalo e enriba aprovéitase del. A xoaniña é un bechiño malcriado, presumido, tén un carácter calculador e, sobre todo, é moi pija. Crese superior aos demais, impórtalle só como un é por fóra, e persoas así nunca chegarán moi lonxe, pero como non teñen a capacidade de saír do seu mundo da ignorancia, non se darán conta xamais. Tén moito en común con Pytlík, outro bechiño que adoita aportar a risa ao conto, pero faino sen querer, posto que pertence ao mundo dos paletos.


En fin, existen moitas maneiras de adoutrinamento da sociedade, e os contos son unha delas. Nada é o que parece ou poida parecer á primeira vista. Din que o peor choque é cun ignorante, eu penso que é verdade e, peor aínda, inevitable. Xa nos pasou a todos e senón, nos vos preocupedes, todo chega! (Paulina,Chequia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario