lunes, 27 de julio de 2009

Galiza un soño

A vida é como una rúa, nunca vas saber a onde chegas.....(Galiza nos ollos dun alemán)
Galiza, Santiago, a cidade do apóstol..... Cando vives nunha cidade como Berlin cada outro lugar pareceche mellor. Tamén así foi no ano pasado cando fun aquí por primeira vez. Os galegos son moi diferente aos alemáns ? Claro, que sí ! Os alemáns viven para traballar e outros traballan para vivir. Así é. Hai moito para aprender nun outro país, por eso gustame tanto viaxar. Aqui non separades a basura ? Claro, que non. Cando vas ao supermercado e non queres bolsa de plástico para conservar o medio ambente, mirante como se fosses extraterrestre. E os semáforos ??? Non existen para peatones. E ademáis, o ruido. O servizo de basura chega pola noite es as bolsas de basura ponense diante das portas. Mhhhh... e sobre todo, a xente.. que amable. Que bueno de ver que se pode preguntar a un conductor de autobuses a onde va. En Alemania a resposta sería como ' Vostede non pode ler o horario '? Tamén os mendigos teñen cortesía. En Alemania cando non lle das unhas monedas a él corres riesgo de maltratamento o insultacions, aqui non. E a comida ... Mhhh que rico ! E tes tempo de comer para duas !!! horas ! A min gustame moito este país. E totalemente diferente de Alemania e por eso gustame tanto. Aupa Galiza, Aupa Celta !

Ben (Alemaña)

No hay comentarios:

Publicar un comentario