lunes, 27 de julio de 2009

En voz baixa (de Antonio García Tejeiro)


Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como profesor de educación primaria e premer ciclo da ESO nun colexio desta cidade. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais máis prestixiosos de Galicia. É crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, e durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para novos. Moitos dos seus libros foron incluídos nas Listas de Honor da CCEI e da revista CLIJ. Ganou o premio Merlín no ano 1996 con "Na fogueira dos versos". Tamén é recoñecido polas súas traducións ao galego. Na actualidade dirixe o programa radiofónico semanal Os sons do silencio.

En voz baixa narra a historia de Roberto, un rapaz de dezaseis anos que estuda segundo de BUP e vive co seu pai, un xornalista que quere ser escritor. Roberto viu como se derrubaba o matrimonio dos seus pais, e iso foi o que fixo que a súa vida non fose de cor de rosa. A novela é unha confesión , "en voz baixa", das cousas que sinte un adolescente que está descubrindo a súa identidade. O protagonista fala dos seus problemas na escola, das relacións persoais da súa familia, das súas lecturas preferidas, do pracer que lle produce a contemplación dun cadro, da necesidade de entrar no mundo do seu pai, en definitiva, de como ir construíndo a súa vida adulta.

El libro está dividido en dúas partes. Na primeira, o narrador é o propio Roberto e narra, en primeira persoa, os problemas do matrimonio dos seus pais e os seus problemas en xeral. Na segunda parte, narra a súa relación co seu pai, e os seus asuntos amorosos. Esta vez, o narrador non é Roberto, senón que a historia está narrada en terceira persoa. A división do libro está marcada polo contido. Mentres que na primeira parte Roberto nárranos os seus problemas, na segunda podemos ver como o protagonista vai buscándolle un sentido á súa vida.

Ao lonxe do libro o autor fai moitas referencias a algúns músicos, entre os cales é destacable Bob Dylan, o cantante favorito do autor, así como dos protagonistas da historia. Deste modo, poderíamos dicir que a novela ten unha banda sonora propia, al igual que moitas películas, o cal lle da un toque moi característico. Ademais, tódalas letras das cancións que Antonio García utiliza teñen moito que ver co argumento da novela. Unha das frases que máis se repite é “Porque os tempos están a cambiar”, algo que ao lonxe da novela ten moito significado, xa que trata diso, do cambio que se produce na vida de Roberto.

Algo que me chama moito a atención é a forma que teñen os narradores, tanto na primeira parte como na segunda, de falar dos protagonistas da historia. É normal que na segunda parte o narrador se refíra a eles cos seus nomes propios, xa que fala en terceira persoa e non ten relación directa con eles. O que me chama a atención realmente é a forma na que Roberto fala dos seus pais e os seus avós. Chámaos polo seu nome, algo destacable porque non é o normal. O normal sería referirse a eles como “ o meu pai”, “a miña nai”, “os meus avós”, etc. O que me fai pensar que o autor utiliza este recurso para representar a frialdade que existe na familia, a distancia que hai entre todos eles.

En xeral trátase dunha novela lineal, pero de cando en vez fai algúns saltos no tempo para narrarnos os recordos máis importantes de Roberto, co fin de facernos entender mellor o argumento da historia. A maior parte dela é unha narración, aínda que en algunhas páxinas utiliza diálogos para deixar constancia das conversacións entre os personaxes.

Os personaxes son moi diferentes entre eles. Roberto é un mozo de dezaseis anos que intenta mellorar a fría relación que mantén co seu pai, mentres que Tino, o pai, non parece facer nada ao principio para que esa relación mellore. Por outra parte, Fina, a súa nai, ten unha actitude máis positiva e moito máis preta co seu fillo. En realidade, ela é a persoa, a parte de Lucia, a súa noiva, coa que comparte as súas confidencias referidas ao seu pai, e ambos intentan buscar unha solución para mellorar a relación entre eles. O consello dela é que teña paciencia. Tamén aparecen personaxes secundarios que non teñen moita transcendencia, como poden ser os seus avós ou os seus compañeiros da escola. Outro personaxe, que a min gústame moito, e o vello do cadro. É unha persoa que sen facer nada, fai moito. É un debuxo pintado no lenzo, pero o simple feito de observalo e una satisfacción para os protagonistas, e axúdalles moito á hora de reflexionar sobre as súas vidas e relacións. É un personaxe moi paradoxal que ten moita transcendencia.


A historia transcorre na mesma cidade todo o tempo. Os espazos son moi restrinxidos, xa que a maior parte do tempo desenvólvese na casa, aínda que lugares como cafeterías, parques e galerías tamén son sitios, menos significativos, nos que, por momentos, sitúase a historia.

Como opinión persoal, vexo a necesidade de engadir que este libro é un libro doado para ler, no sentido no que é unha lectura rápida. Paréceme un libro para poder reflexionar, xa que conta unha historia sobre os problemas familiares que a calquera persoa lle poden ocorrer en calquera momento. Non é un libro que me haxa gustado especialmente, pero debo recoñecer que está moi ben estruturado e que pode legar a ser interesante para algunhas persoas. Penso que esta opinión non é negativa respecto ao libro, senón que a culpa, por así chamalo, é do meu gusto “sofisticado”, xa que son moi especial para as lecturas. O que quero dicir con isto é que non é o tipo de libro que eu cualificaría como “libro que me gusta”. Este é un pensamento moi xeneralizado, porque teño que recoñecer que hai moitos puntos do libro que me pareceron interesantes, como a importancia que se lle da ao cadro do vello e as actitudes dos personaxes, pero no seu conxunto non é un libro que me haxa deixado tan satisfeita coma outros.


Ariane (Euskadi)

No hay comentarios:

Publicar un comentario