Miña parella: non podes negar a túa orixe, xa que cando falas na túa lingua materna, é practicamente imposible que un se equivoque. Non obstante, non se pode dicir o mesmo do teu aspecto físico; tanto a cor do pelo como a da pel pódenos despistar. Alemá de pelo, húngara de pel, pero o teu lar atópase alá onde se cruzan os camiños. Es alta e delgada, no teu corpo non falta e tampouco sobra nada. Es rubia, pero porque o decidiches ti, e a verdade é que che queda moi ben, posto que che vai ben cos ollos. Tes o pelo longo e liso, o fleco xa está rozando o límite permitido, aínda non chega a tapar os ollos marróns que tes, pero tampouco te designa ser de Bilbao. Acostumas levar o cabelo solto, pero xa te vin coa coleta. De cara es moi interesante grazas aos rasgos bastante chamativos que tes, calquera podería envexarche os teus beizos grosos! Adoitas poñerte roupa cómoda - os vaqueiros, unha camiseta e por riba un xersei é o máis típico. No pescozo levas unha cadea de ouro cun anel, que non é meu, que che serve de xoguete cando te aborreces.... Unha aperta da txeca
Paulina (Chequia)
Paulina (Chequia)
ohhh Paulina!!!isto si que é amor...jajaja
ResponderEliminar