Desde que teño uso de razón sempre quixen vivir en Galicia. Iso si, non vos sabería dicir desde cando teño uso de razón..
Que a miña familia paterna sexa desta terra celta pode ser un factor a ter en conta, aínda que non é o factor crave, que aínda está por descubrir.
Co paso dos anos namórome máis, e iso faime ser máis dependente, tanto que veño como mínimo unha vez ao mes.
Aínda así nunca puiden mudarme aquí definitivamente, como gustariame. Podo chamalo frustración, nalgún aspecto, pódese chegar a sentir iso, no entanto, a esperanza é o último que se perde, ou almenos é o que din, ou que sen esperanza non hai decepción. Tocoume aplicarme ese conto.
Así pois desde os 14 anos decidín que ía tentar ser a catalá máis galega que calquera persoa puidese atopar. E non é tarea fácil, non vos penseis. Empecei a moverme, a vivir un pouco en todos lados, pero sempre atada a (miña) Barcelona.
Podo presentarvos o meu pobo natal, onde me críe e ao que vou cada vez menos, Canet;
Un lugar armónicamente mediterráneo, un pobo costanero que ten tamén preciosas montañas, que xente humilde e senzilla. Gústame a súa tranquilidade e o xeito de vivir a vida que teñen os catalans. Aínda que non o podo comparar coa cultura galega, o xeito de vivir dos galegos e todo o que os caracterizan.
Canet regálame moitas cousas, pouco a pouco aprendo a aprecialas, aceptalas e valoralas.
Tamén podo presentarvos a miña aldea, o que eu considero 'a miña casa', Chenlo, a 8 km de Porriño (e este a 12km de Vigo), catro casiñas perdidas nunha montaña repleta de eucaliptos, cunhas vistas impresionantes (na foto non se pode chegar a apreciar), unha cor verde que o alaga todo, e miles de sensacións.
Encántame a vida que recobra todo cando estou aí, saír ao balcón e ver todo o val, e de lonxe Portugal. As cores, os cheiros, os acentos, os sons, a música, o cotián, o bulgar, o bo e o no tan bo.

Sempre me dixeron que afacemos querer o que non temos, ou neste caso o que temos lonxe, e ese foi uns dos xuízos que arrastrei até agora. Non se trata de querer o que non temos ou o que temos lonxe, senón simplemente ter claro que é o que queremos. Penso que é mellor arrepentirse de algo que fixeches que non de algo que deixaches por facer. Estou convencida de que non me arrepentirei de virme aquí.
Por agora, vivo ao día (como di a canción de Carlos Chaouen), puiden pasar un mes diferente, nunha cidade que conocia a anacos, puiden descubrir novas cousas, sensacións, persoas, e todas as mañás espertoume o son dunha gaita galega. Iso para quen o sente, xa é moito.
Despídome xa, con menos inspiración da que xa tiña ao empezar a escribir e aproveito para desexarvos o mellor.
Biquiños!
Sílvia. Cataluña
No hay comentarios:
Publicar un comentario