skip to main |
skip to sidebar
CARME
Esta persoa ao principio parecíame estrita, quizais polos rasgos de cara moi marcados que tén e unha mirada que tiña a capacidade de falar no silencio da boca, pero co tempo cambiei de opinión; é moi riquiña e o seu espírito xuvenil quítalle unhas cantas primaveras. Polo seu aspecto físico non parece ser do lugar que é, a pel pálida moi sensible ao sol que se queima cos primeiros raios de Lourenzo, e tampouco o seu xeito de falar, confirman a súa orixe. Ten o pelo curto e escuro, liso con pequeno fleco, os ollos marróns abertos ao mundo sen lentes e un nariz fino e recto. É bastante alta se a comparo co resto da poboación da mesma nacionalidade. Vístese dunha forma sinxela e cómoda, a roupa que se pon máis a miúdo son os vaquieros ou pantalóns, blusas ou camisetas e unha chaqueta. As cores da súa vestimenta non che chaman a atención. Non adoita levar sortellas, como moito un reloxo. É moi intelixente e gústalle compartir todo o que sabe cos demais. Érguese cedo, sempre chega a tempo e fainos falar e xogar á primeira hora da mañá cando o único que nos apetece é voltar ás nosas casas e descansar outro pouco, pero no canto de facer iso temos que poñernos as pilas e espelirnos para atopar as nosas parellas sinónimas antes de que se acabe o tempo permitido para o relax...Paulina (Chequia)
só con dicir que ela estivo a primeira cantando ou berrando con nós (o de berrar non o digo por ela senón por case todos nós:S:S:S:S xd)xa está TODO! jajaja
ResponderEliminarninguén nos esperta mellor con esa frase de..imos... cos verbos?? ou pronomes??? jaajaj
Carme, Carme, Carme.
ResponderEliminarFixo algo máis que espertarme, que incluso cando estou cos ollos abertos ten que espertarme, chamar ese planeta onde vivo eu e preguntarme que coño me pasa :)
Que pracer tela como profesor, e moito máis.
Apertas enormes e moitos bicos.