miércoles, 15 de julio de 2009

Benvidos!!!


Este blog vai dirixido a esas 24 persoas que nos reunimos cada mañá e cada tarde para procurar pasar uns bos e agradables momentos, coñecernos, aprender, falar, e como non, en GALEGO!!! Para vós vai: Paulina, Alicia, Silvia, Marta, Marina, Cristian, Bartek, Dumi, Radu, Jason, Adina, Bernhard, Elena, Ariane, María, Tom, JuanFran, Nilsa, Carlos, Sarka, Anna, Grit... e Carme!! Espero que isto sexa unha experiencia grata para cada un de vós, como o é para min, pois desde un primeiro momento sabía que esta sería unha experiencia única, e estouno comprobando cada tarde. Sei que vós non sodes de aquí, senón que vides a pasar en Compostela un mes para aprender o noso idioma, para aprender da nosa cultura, da nosa xente... pero tamén para... ir de festa!!!!! De aí que o nome do blog sexa esta frase tan galega que se repetiu e se repite tantas veces nas festas de sempre da Galiza.
Espero que este sexa un punto de encontro para todos nós no que poidamos comunicarnos, seguir aprendendo e, en definitiva, gozar coa nosa lingua, tanto no transcurso deste mes, coma despois, cando cada un de vós volva ó seu lugar de orixe.

Unha aperta a todos,

Rosa

No hay comentarios:

Publicar un comentario