miércoles, 29 de julio de 2009

RaDumi


Coñecina aquí neste curso de verán, aínda que desde que se acercou a min, tiven a sensación de que a coñecía desde sempre. É unha daquelas persoas que ha de ser parte da miña vida, como se pertencese a aquela metade que ao nacer se perdeu. É aquela con que puiden falar de todo, discutir, pero tamén compartir experiencias, sentimentos ou pesares. Grazas a ela puiden recuperar algo que perdín, a miña lingua, aínda que tamén nela se notan os catro anos que leva en Galiza. Desde o inicio comezamos unha loita, unha loita entre dos carácteres fortes, soberbios e con tendencia a dominar sempre, ela buscando sempre a corrixir o meu acento andalú, ese ceceo que tanto me gusta e me caracteriza e eu, corrixindo as súas conxugacións dalgúns verbos romaneses, pero sen resultado ningún. Quero rematar dicindo que mereceu a pena coñecela, dedicarlle a miña confianza e o meu elevado vocabulario romanés – a bo entendedor poucas palabras bastan...

Radu Ilie
Santiago 2009

Todo o bo remata...


O primeiro día do curso, unha experta profe enfrontouse a 22 pequen@s de diferentes partes do mundo que viñan con ansias de aprender galego, mellor dito, de mellorar os seus coñecementos, porque xa che sabían moito ;). Ela era a encargada de enriquecer os seus coñecementos gramaticais: de facelos pelexar con verbos, adverbios, colocación do pronome (que cruS!!:( ), etc. O seu nome é Carme, magnífica teacher e como compañeira mellor aínda! Horas máis tarde, ese mesmo día, 1 de xullo, un enorme salón de actos da facultade de filosofía acollía á que facía o seu debut, a súa estrea, de aí o seu nerviosismo como principiante... esa son eu, Rosa. Lembro que ese día consistíu en presentármonos todos, para coñecérmonos un pouquiño máis, e si, para tentar perder a timidez (a miña tamén, confésoo, creo que ata me tremía a voz :))
Día tras día, con risas entre mariscos, nomenclaturas das partes do corpo, e os teatriños (ai, os teatriños! Martiña, Silviña, Mariniña e Aliciña, co que a min me ghustaban!), discusións fonéticas (fonemático/non fonemático... Radu, q lío armamos, e para chegarmos ó mesmo!), caras a cadros ó escoitar o galego de Mazaricos q nin que fose "tubatulabal", e os ataques de risa finais ante o pobre de Tom expoñendo o seu pobo natal... non hai sentidiño ninghún!)...
En fin, unha morea de cousas, q viviamos cada tarde, porque cada tarde era irrepetible, esa horiña e media, que despois de comer lle adicabamos a darlle á lingua era a mellor do día! A mestura da clase (a clase mellor de todas, con seguridade) facía que melloraramos un pouquiño o noso galego e a nosa cultura en xeral, ó sermos unha aula chea de xente que chegaba desde moi diferentes lugares: Elena, unha madrileña (ehem, madrigalega), moi simpática. Ariane, que xunto con María compón o mellor sorriso moreno-louro de Euskadi. Silvia, inseparable de Marta, Alicia e Marina, as tres catalanas e maña agradables e mellor embaixadoras da súa terra, pero agora tamén da súa outra terriña: Galicia, que riquiñas! Nilsa, a brasileira máis doce, pero tamén a nosa actriz brasigalega máis internacional (de seguro que da aula 14 da facultade de historia dá o salto á fama!. JuanFran, o gaiteiro albaceteño máis galego e simpático, ho! Dumi, que co seu amor irreconciliable, Radu, e con Adina, formaron o grupo máis divertido da Eurovisión do 24 de xullo, tan simpático como o son eles, claro está! Jason e Tom, dous ingleses descoñecedores de mariscos, pero máis salgados que o bacallau! que xeitosos sodes! Grit e Bernhard, os mellores representantes da Alemaña en Galicia, pero rompen o mito dos alemáns con esa simpatía en poucas palabras e voz baixa! Bartek, o polaco namorado da fala que máis pasións levanta: a extremeña! Paulina e Sarka, o especial sorriso txeco norteño de Vallecas, e a marabillosa voz veciña da capi! Anna, a beleza rusa con voz tímida, pero moi agradable. Cristian e Carlos, os chilenos máis faladeiros e simpáticos que mellor representan o seu país...
Podería dicir miles de cousas de cada un de bos, sen unha mala palabra... pero entre vós e eu quedan todos eses bos momentos e todos eses recordos. Só espero que isto non sexa un adeus, senón un ata logo! Unha aperta a tod@s @s 22+1!

Rosa (Dumbría - Galicia)

A FLORA DE GALICIA


Galicia, polo seu clima templado húmido atlántico, é unha terra verde de seu; as chuvias son abundantes e abranguen tódalas estacións do ano, ás veces caendo a cachón, outras só orballando, pero sempre presente, anque no verán decrezan algo, pero sen deixar de manteren a súa constante presenza ó longo do ano; o que permite o desenvolvemento dunha vexetación fermosa, abundante, vizosa de árbores, arbustos, plantas flores e herbas.

Entre as árbores propias do clima templado atlántico, atopamos especies como o carballo, o castiñeiro, a faia, o bidueiro; esta última pode resistir moito frío, a neve e o xeo; por iso, o seu hábitat é xeralmente a alta montaña.

Tamén abundan os amieiros, sobre todo nas ribeiras dos ríos.

Outras árbores singulares de Galicia son os piñeiros, alúdese a eles no himno galego. A sua letra provén do famoso poema de Eduardo Pondal chamado “Os pinos”.

A abeleira produce un dos froitos secos máis saborosos: a abelá.

O acivro é unha especie de arbusto de follas crespas da cor verde escuro brillante con espiñas, e ten uns froitos vermellos. Coas súas pólas facíanse antano e fanse agora uns adornos e coroas no Nadal.

O teixo é unha conífera que ten importancia histórica entre tódolos pobos do norte da Hispania antiga; cando os nosos antepasados caian prisioneiros, estes afoutos guerreiros na súa loita cos romanos, antes que perder a liberdade e caer na escravitude, bebían un veleno que sempre levavan consigo e facíano cun zume do teixo.

Entre as especies arbustivas temos a arandeira, que dá un froito redondo, de cor azul escuro, o arando, que é doce e agradable.

Outros arbustos moi comúns en Galicia son: a xesta, o piorno, a queiroa, o toxo, que son moi abundantes nos montes.

A planta máis común nos bosques, prados e demais lugares húmidos é o fento, fermosa, ornamental. É unha das plantas máis antigas que se coñecen, pois veñen xa dende a era primaria xeolóxica.

Pódese dicir que a árbore máis senlleira e representativa de Galicia é o carballo, xa dende a antigüidade, e máis, dende a lonxana prehistoria, o maxestuoso Carballo era unha árbore sagrada para moitos pobos coma os celtas e demais pobos indoeuropeos; pois tiña un significado máxico-relixioso nas cerimonias sagradas que celebraban nos claros dos bosques, presididos polos sacerdotes: os druídas, que eran á vez, sabios, curandeiros e preceptores dos membros da tribo.
Ó mesmo tempo, os froitos do carballo, as landras, tiñan gran importancia económica e alimenticia, para estas xentes, xa que, segundo di o xeógrafo grego Estrabón, secábanas, moíanas e facían fariña e dela un pan moi nutritivo e podían come-lo, e máis mantelo e garda-lo na meirande parte do ano. Isto era moi significativo porque case non coñecían o trigo e a súa agricultura era escasa e deficiente.

Respecto do castiñeiro, os seus froitos, as castañas, foron a base alimenticia principal e mailas landras, dos galaicos dende tempos ancestrais, deica o século XVII da nosa era, daquela trocáronas polas patacas, que teñen a súa orixe na América do Sur (da Altiplanicie peruano-boliviana, e do sur de Chile), recurso alimenticio que producíu unha verdadeira revolución alimenticia non só en Galicia, o resto de España e de Europa, senón tamén no mundo enteiro. As patacas puxeron fin ás grandes fames no mundo.

As castañas asadas, seguen a ser aínda hoxe a base do Magosto, unha festa tradicional de Galicia e máis do resto do norte de España, especialmente; que se celebra no outono.

Os bosque e fragas foron dabondo abundantes na antigüidade, mais a partires do desenvolvemento da industria naval, o traballo da minería, a construcción de casas e edificios, se derrubaron a esgalla, e todo iso rematou coa destrución das grandes masas forestais, o que tivo, sen dúbida, consecuencias graves na paisaxe e no clima, especialmente na meseta castelá, e isto porque os bosques son xunto as fontes de augas os mellares reguladores das precipitacións, e da humidade ambiente. Tamén coa falta da capa vexetal e as raigañas das árbores fai estragos a erosión. Deste xeito, derruba-las árbores e a vexetación contribúe perniciosamente ao nocivo efecto invernadoiro.

Fai uns días, indo nunha das excursións do noso curso, vin nalgunhas partes do percorrido: na Terra Cha luguesa, na Serra da Capelada, ca algúns dos donos dos eidos ó lado da estrada, están a reforestar os terreos ermos con carballos e castiñeiros novos. É un feito digno de imitar polos demais.
Os incendios son os grandes inimigos das masas forestais e de tódala capa vexetal. Desgraciadamente, Galicia é unha das comunidades autónomas máis afectadas polos incendios.

Quixen escribir só dunha parte da flora galega: as árbores, anque tamén son parte dela as demais especies coma arbustos, plantas e herbas. Mais, referínme soamente ós máis coñecidos, ós máis sobranceiros; doutro modo non podería tratar dun tema tan extenso nunhas poucas páxinas.

De tódolos xeitos, a vexetación, incluíndo todas as especies botánicas, dende as árbores, (as máis grandes) ata as herbas e flores, (as máis pequenas), representan un factor importantísimo na configuración da paisaxe de Galicia, sen o cal esta terra non sería a mesma, non tería sido unha terra de verde e agreste beleza.


Carlos Antonio Weber Aguilar (Chile)

Unha má experiencia...


Ola todos!

Quería contarvos unha experiencia que hai uns días tiven a (má) sorte de vivir. Trátase dunha de moitas probas do desprestixio que experimenta o galego entre os seus usuarios. É o seguinte:
Xunto cunha amiga miña entramos na tenda de xornais e pedimos un xornal calquera, só queriamos que fose en galego. A señora do quiosco, ó ouvir a noso desexo, asombrouse moito, ata se puxo un pouco agresiva e comezou un discurso de varios minutos, cheo de emoción e insultos fronte á lingua galega. A señora asociábaa coa xeración dos probes, dos aldeáns sen futuro que o mellor que poden facer é pasar ó outro mundo ou polo menos deixar de falar en galego. Como podedes imaxinar, ó final daquel sermón dixo que non nos ía vender nin “Galicia Hoxe”, nin “Xornal”. Dixo, con toda a convicción, que deberiamos aprender o inglés ou polo menos o castelán en vez do galego. Este último, na súa opinión, non serve para nada.
Penso que, lamentabelmente, o que dixo a señora sobre a morte da súa xeración, ten moito que ver coa verdade. O desprestixio e os prexuizos son o que danan á lingua e non lle permiten desenvolverse con toda a soltura. Felizmente, sigo atopando sinais do amor dos galegos pola súa linga a cada paso. Xa o feito de existiren tantos xornais, editoriais e programas de televisión en galego, mostra o imenso afecto, grazas ó que o idioma sobreviviu as tentativas de erradicalo. Sobreviviu nas corazóns dos falantes e agora nada lle impede florecer. O problema habita nas cabezas da xente.
A miña lingua, o polaco, tamén foi desprezada durante 123 anos (entre 1795 e 1918 cando Polonia non existía no mapa de Europa). Moitos polacos tiveron que emigrar. Non entanto, conseguiron crear as nosas mellores obras non contemporáneas (as románticas). O caso do polaco que agora goza dun estado independente mostra que a loita dos afeccionados polo galego ten sentido. Ó fin e ó cabo paga a pena.

Bartosz (Polonia)

martes, 28 de julio de 2009

Santiago e as peregrinacións



Vou contarvos algo do meu traballo dedicado ás peregrinacións.
As peregrinacións son tan vellas como a humanidade mesma. Dende os comezos da historia de cristianismo é a peregrinación o fenómeno universal. O paso é un dos elementos máis básicos que conservan a identidade orixinal da peregrinación. O esforzo físico, o cansazo, o contacto directo coa beleza e inhospitalidade da natureza, a conciencia do tempo e o seu paso, todo iso axuda á persoa a coñecer as súas capacidades e limitacións. O peregrino ten a posibilidade mediante a viaxe de darse conta da súa propia existencia. A peregrinaxe achega as novas posibilidades da espiritualidade humana e o sentimento relixioso. A participación na peregrinaxe pode causar o encontro co “eu“ interior, un fenómeno moi escaso na nosa sociedade globalizada. A peregrinaxe é un acto social e leva os elementos da tradición das viaxes colectivas. Todos os peregrinos queren incorporarse nesta tradición viaxera tan admirable, caminar nas pegadas dos outros peregrinos é ser unha parte da historia e cultura das peregrinacións. A peregrinaxe é ata agora o símbolo da historia europea, á continuación da tradición europea en canto á fidelidade e piedade. Este fenómeno demola as fronteiras entre os países e rexións, por iso une ós europeos como os pertencentes e as testemuñas da historia e da actualidade que temos en común. O camiño de Santiago desempeña unha función da viaxe calquera que se adaptou na cultura determinada.

E agora cóntoo (para non aburrirvos):
O ano pasado eu mesma fun testemuña dun acontesemento moi estrano que me pasou en Santiago de Compostela cando lle fixen a entrevista a un peregrino. Chegou a Santiago enflaquecido, famento, sucio e curto de medios, en canto ós kilómetros fixo o camiño máis longo, o Camiño da Plata. Eu tiña dúvidas e non sabía se se trataba dun pobre ou se era o peregrino verdadeiro, pero ao final empecei a entrevistalo. Contábame que lle roubaran no camiño todo o que tiña, pero el non perdeu a súa esperanza e cría que o Apóstolo lle axudaría. Aínda que tiña o seu corpo cuberto da tatuaxe do estilo presidial, parecíame moi equilibrado. O día siguente atopeino na rúa, pero non podía recoñecelo, cambiara totalmente. Tiña a roupa nova e limpa, dicíame que lle pasara o milagre, que o salvara o Apóstolo e que agora ía cara Fisterra. Logo dunha semana vino no Obradoiro, pareceume que estaba moi contento, que puidera rematar o seu camiño.

Šárka (Chequia)

Unha proposta musical




Cando hai algo que me gusta moito acostumo compartilo cos que me rodean, e esta vez vós sodes os elixidos. É dalgunha maneira unha invitación, que podedes rexeitar ou non… Propóñovos coñecer a Mallacán, un dos meus grupos favoritos en aragonés. Na súa música mesturan varios tipos de música coma o rock ou o reagge, con instrumentos tradicionais aragoneses coma a gaita de boto como protagonistas principais. Teñen tocado en festivais de toda Europa, e hai uns meses remataron o seu cuarto disco, Mar de sonios. Como mostra, un botón: (http://www.youtube.com/watch?v=tn9wNfKtVjQ).

Unha das cousas que lles fai seren tan únicos é que sempre cantan en aragonés, unha lingua que está a loitar por sobrevivir, pero que aínda está viva, a pesar de que, desgrazadamente, moita xente non saiba da súa existencia. O aragonés é unha lingua derivada do latín que é falada hoxe en día por arredor de 10.000 persoas (nomeadamente nos Pirineos), que a teñen como lingua materna. A presión do castelán fixo que o seu uso se limitase ao ámbito familiar e rural, e que os que a falaban fosen ridiculizados e medrase neles o autoodio (do mesmo xeito que vimos na clase que pasou co galego), pero nestes últimos anos moita xente está a loitar para acabar con estes prexuízos lingüísticos… Se tedes curiosidade recoméndovos que vexades a web www.charrando.com, que é unha das máis completas...

Marina (Zaragoza)

A Lista de Robinson

Para aqueles que estades cansos de seren acosados polas operadoras de telefonía móbil para pasar a un novo contrato, de encontraren o seu mail cheo de lixo ou teren a caixa do correo chea de publicidade, por fin, hai unha boa noticia. Chámase A Lista de Robinson, un servizo onde vos podedes rexistrar cos vosos dados – número de teléfono, enderezo de mail etc. – e deixar claro ás empresas que non queredes recibir máis publicidade. Todas as entidades han de consultala e de enviaren publicidade no desexada, incumben nun delito denunciable.

Para mais detalles ides á paxina web www.listarobinson.es


Radu Ilie

"Negriño do pastoreo"


Xa fai moito tempo, no río Grande do Sul (estado situado ao sur de Brasil), vivía un neno negro, escravo, que era propiedade dun señor riquísimo, pero ruín coma o demo, de xeito que todos os seus escravos e criados lle tiñan moito medo.
O neniño negro, dende que era moi pequeno, andaba de pastor dos centos de animais nos grandes prados do seu amo, tornándoos da onza pintada e abrigándoos das tormentas, ademais coidaba tamén das vacas, cabras e ovellas, muxíndoas e axudándolles a parir as súas crías.
Sempre ao fin da tarde, cando volvía do prado, o neno poñíase sobre a "porteira" (unha cancela grande), mentres o seu señor contaba os animais e ao terminar o seu cómputo, deicíalle:
- Menos mal que están todos. Anda, negriño, pecha a "porteira".
Pero unha vez, ao señor faltáballe unha ovella no cómputo e púxose a berrar co neno, que aterrorizado, propuxo volver ao prado para buscar a ovella perdida. Non obstante, o amo atouno a un pao e pegoulle tanto ao negriño que o pobre alí morreu.
Dende entón, di a xente, que a súa ánima anda polos prados buscando por todos os sitios a ovella perdida.
Por iso, segundo a lenda, cando perdemos algunha cousa e se nos fai imposible atopaa, pedímoslla ao negriño do pastoreo, que xa está afeito a buscar.
Así, pola tradición, hai que facerlle un pequeno altar nun canto da casa, acenderlle unha candea e cantarlle unha oración con moita fe. Unha das cancións máis coñecidas é:
"Negrinho do pastoreio
acendo esta vela para ti
e peço que me devolvas
a querencia que eu perdi.
Negrinho do pastoreio
deixo a ti o meu rincão
eu te acendo esta velinha
nela está meu coração."

(Tradución ó galego: Negriño do pastoreo
acendo esta candea para ti
e pido que me devolvas
a cousa querida que eu perdín.
Negriño do pastoreo
dedícoche o meu cantiño
acéndoche esta candeíña
e fágoo de corazón.)

Hoxe en día aínda hai quen lle pide non soamente cousas materiais perdidas, senón tamén liberdade, paz, saúde, tranquilidade e xustiza.

Nilsa (Brasil)

O celtismo na música


Gustaríame dar a miña opinión sobre un tema que persoalmente me é moi próximo e que, pola situación actual do mesmo, faime pensar que cómpre esclarecer as cousas.
Trátase do celtismo na música. Penso que é un bo xeito de vender a música que se fai en Galicia ou noutros puntos do globo, que se queiran adscribir a este movemento. Como estratexia de mercado non é completamente mala, o problema é cando o mesmo mercado abusa do mesmo. Cada vez aparecen máis países ou zonas que queren colocar os seus discos na estantería das grandes superficies ao mesmo nivel que artistas de Bretaña ou Irlanda.
Pero existe un problema de base, xa que se pretende facer unha union baseándose en aspectos tecnicos semellantes. Un exemplo sería a utilización da cornamusa. Collese como un dos principais axiomas o emprego de gaitas na música tradicional para se considerar de carácter celta. O problema é que hai moitísimos lugares aos arredores do Mediterráneo, tanto en Europa como en África; logo, moitas destas culturas non foron celtas culturalmente falando.
Para rematar gustaríame plantexar unhas preguntas: Que son os celtas? e como foron utilizados polos nacionalismos románticos?

JuanFran (Albacete)

Vou contarvos un conto ruso...



...Houbo unha vez un vello. A súa muller morreu e deixoulle unha filla. Pasou o tempo e o vello casou con outra, unha muller moi mala. Ela tamén tiña unha filla. Difícil foi a vida da filla do vello, xa que a nova muller non a quería. Obrigábaa a facer as tarefas duras da casa, sempre rifaba con ela e pegáballe, mentres que a súa propia filla non tiña que facer nada. Un día a madrastra decidiu bota-la rapaza da casa. Díxolle ao vello:
- Lévaa ao bosque e déixaa alí, para que os meus ollos non a vexan nunca máis.
O vello deu en chorar pero sentou a filla no trineo e levouna ao bosque, deixouna alí na neve debaixo dun abeto sen ningún abrigo e foi rapidamente para a casa para non ver a súa morte.
A pobriña quedou tremendo de medo e frío. De súpeto viu un ancián vir, era o Avó Frío. Díxolle á rapaza: „Ola, filla, son o Avó Frío.“ A rapaza contestou: „Bo día, avó.“ El preguntoulle á rapaza: „Tes frío, filla?“ e ela dixo „Non, non se preocupe, avó, estou ben.“ Sorprendeuse o Avó Frío, soprou co seu alento xeado, tremou a rapaza, pero ela non se queixou, volveu a dicir: „Estou ben, meu avó, non teño frío“. Viu o Avó Frío que era unha rapaza moi boa e obediente, entón tróuxolle un baúl cheio de ouro e prata, un abrigo quente e levouna á casa no seu trineo. Cando a madrasta viu que a fillastra non morrera, senón que regresou feliz e rica, anoxouse moito, apresouna a envexa. Decidiu enviar a súa filla tamén ó bosque. O vello levouna ao mesmo sitio, debaixo do mesmo abeto, onde deixou o outro día a súa propia filla. Igual que o outro día, veu o Avó Frío e preguntoulle como estaba. E díxolle a rapaza: „Como podo aguantar con este maldito frío? Non ves, vello, que xa estou conxelada? Mellor dáme o teu abrigo!“ Sorprenduese moito o Avó Frío e preguntou outra vez: „Estás ben, filla?“ E escoitou de resposta: „Ti, parvo vello, non entendiches? Xa che dixen que teño frío“. Anoxouse o Avó Frío e conxelouna ata a morte.

Anna (Rusia)

Unha anécdota curiosa


Hai cinco anos, cando estaba en Romanía, un amigo meu contoume unha historia interesante; o seu pai era profesor de física e un día recibiu unha chamada dun compañeiro seu, pedíndolle arbitrar na calificación dunha pregunta de exame.
O profesor quería poñer un cero a un estudante pola súa resposta nunha pregunta de física, pero o estudante afirmaba que debía recibir a nota máxima. Polo tanto, o profesor e o estudante decidiron recorrer a un árbitro que este profesor elixiu: o pai do meu amigo. A pregunta do exame era a seguinte: demostra como se pode establecer a altura dun edificio coa axuda dun barómetro. O estudante contestou: leva o barómetro ao alto do edificio, átalle unha corda longa, fai que o barómetro baixe ata a rúa; mide a lonxitude da corda necesaria: a lonxitude da corda é a altura do edificio.
O pai do meu amigo observou que o estudante realmente contestou correctamente á pregunta, pero non contestou con competencia en física, entón o profesor propuxo que lle dese outra oportunidade ao estudante; esta vez o estudante contestou: leva o barómetro ao teito do edificio, deixa caer o barómetro, medindo o tempo da caída coa axuda dun cronómetro. Despois, usando a fórmula S=1/2(…), calcula a altura do edificio.
O profesor deuse de conta que o estudante tiña razón e tamén tiña dereito a unha boa nota.
Despois de exame, o alumno falou co pai do meu amigo e díxolle que tiña outras respostas posibles: colle o barómetro e comeza a subir as escaleiras; a medida que sobes as escaleiras, marca a lonxitude do barómetro na parede. Despois, conta o número de marcas e esta sería a altura do edificio.
Pero ao final da charla, díxolle ao profesor: probabelmente a mellor opción é chamar á portería; cando abra o porteiro, dille ‘porteiro, teño aquí un barómetro excelente; se me dis a altura deste edificio, doucho’.
Naquel momento, o profesor pediulle a resposta convencional da pregunta. O estudante contestou ben e díxolle que sería mellor se se estudase a lóxica da materia, non soamente a estrutura desta.


DUMITRIŢA BOAR
(Romanía)

lunes, 27 de julio de 2009

O lapis do carpinteiro





O autor deste libro é Manuel Rivas, quen naceu na Coruña o 26 de outubro do ano 1957, aínda que fai xa moitos anos que vive en Vimianzo. Escribiu toda a súa obra en lingua galega pero ten tamén uns artigos escritos en castelán. É escritor, poeta, ensaísta e periodista. Tamén colabora en diversos medios de prensa, radio e televisión. A súa obra, a que está escrita en poesía, está recollida nas antoloxías O pobo da noite (1996), Do descoñecido ao descoñecido e Mohicania revisada. Escribiu ¿Qué me queres amor? (1996) onde se encontra o relato A lingua das bolboretas, a obra que foi Premio Nacional Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa. Outros dos seus libros son as tres novelas cortas que escribiu: Os comedores de patacas (1992), O lapis do carpinteiro (1999) que foi Premio da Crítica Española e levada ós cines por Antón Reixa e En salvaxe compaña (1994).
Nos últimos anos seguiu escribindo e publicou O heroe no ano 2006, Os libros arden mal tamén no 2006 e Os Grouchos un ensaio publicado no 2008. Recentemente publiocu tamén un poemario en galego, catalán, castelán e euscaro titulado A desaparición da neve.
É un home comprometido coa sociedade e por iso foi uno dos creadores da plataforma cidadá Nunca máis.
O libro titulado O lapis do carpinteiro fala dunha historia de amor entre un home e unha muller que viven moito tempo separados debido á Guerra Civil, pero non é un texto histórico soamente, nin trata de facer unha reconstrución exacta da terrible historia deses anos, en xeral é unha historia de amor que se sitúa nese marco histórico. O libro preséntanos ao doutor Da Barca, un médico xa vello e enfermo que lle conta o que lle sucedeu cando era novo a un periodista. A súa historia é unha historia marcada polo franquismo, pero aínda que as vidas dos protagonistas sexan duras o amor conseguiu triunfar.
Como personaxes principais temos ao Doutor Da Barca, Marisa Mallo e a Herbal. Se comezamos falando do doutor Da Barca, temos que dicir que Daniel Dá Barca era un médico republicano que polas súas ideas acaba encerrado na cadea de Falcona. É un home que consegue esquivar varias veces á morte, primeiro no propio paredón de fusilamento, logo nun xuízo do tribunal…Pódese dicir que Daniel é unha persoa que aínda que as cousas lle vallan moi mal sempre intenta axudar ós demais, incluso cando está preso sigue exercendo como médico para os outros. A súa vida non é doada, é apresado polas súas ideas e levado á cadea e de alí lévanlle nun tren de tuberculosos a un sanatorio de Valencia, onde logra casar por poderes coa súa amada, Marisa Mallo, coa axuda dunha monxa que o quere moito.
A historia comézaa a narrar o propio doutor, sendo xa vello recorda todo o que lle pasou e fronte a iso destaca sobre todo o seu amor por Marisa. Polo tanto, é un personaxe que crece e evoluciona no relato, é o fío condutor da historia.
Marisa Mallo non ten tanto peso no libro, aínda que é la muller da que os dous homes están namorados (Da Barca e Herbal), ela non é o centro do libro. Marisa Mallo ven dunha familia conservadora que nunca apoiou o seu amor por Da Barca e isto pode verse no libro cando Marisa fala có seu avó Benito Mallo. No relato Marisa tamén crece, ao principio vémoslle como unha muller maior que acompaña ao doutor xa enfermo, pero a medida que o libro avanza Marisa tamén aparece como una rapaza nova, namorada do doutor. Durante toda a súa vida Marisa sigue a Daniel por todas as cárceres, incluso conseguiu ter a súa ansiada noite de vodas coa axuda de Herbal.
Se falamos de Herbal, temos un personaxe complicado. Herbal é a persoa que detén ao doutor e o seu carcereiro. Parte da historia tamén cóntaa Herbal no club onde traballa. Din que sempre estivo namorado de Marisa, el queríaa moito e enténdese que por iso é unha persoa tan complexa, tanto verdugo como ás veces axudante. Herbal conta tamén con la presenza doutro factor moi importante, o lapis do carpinteiro, que lle chega al fusilar ó seu dono. Para min, é uno dos puntos clave do libro, Herbal é a contradición, o punto que nos fai pensar que as cousas non son sempre brancas ou negras. Pódese dicir que o lapis é a conciencia de Herbal, xa que escoita a voz do pintor e este vai dicíndolle o que ten que facer, ata que un día o pintor marcha en busca do seu fillo e non volve. Herbal é a persoa que nun ataque de caridade, o quizais polo amor que sinte por Marisa, lles axuda a ter una noite de vodas, aínda que ó largo das súas vidas Herbal non fai máis que dano ós protagonistas.
En xeral, a obra non sigue unha estrutura lineal. Comézase a contar polo final, cando os protagonistas xa son vellos e pasou moito tempo desde todo o seu sufrimento. Durante todo o libro son normais os saltos no tempo, os recordos e as vivendas de tempos pasados. Uno destes fragmentos podía ser cando Marisa vai falar co seu avó Benito Mallo e recordan os tempos de mocidade da muller. Por outra parte, non só se conta a historia dos personaxes principais, intercálanse outras dos que lles rodean, por exemplo, moitas das historias da cárcere. Pero o máis interesante desta obra podía ser o que o lapis din, o lapis é unha incrible metáfora sobre o ser humano, ten a capacidade de mostrar o amor dentro da guerra ou posguerra, e de facernos pensar (tanto a nós como a un dos protagonistas) que sempre temos una boa obra por facer.
Finalmente tendo en conta todo o anterior, debo dicir que é un libro que non se esquece facilmente xa que resulta agradable lelo e pensar nas cousas que din. Non é un libro histórico, nin creo que pretenda ser un relato verídico da Guerra Civil, simplemente creo que é unha historia de amor situada nese contexto, nesa dura época que a Galicia, como a moitos outros lugares, tocoulle vivir. O libro gústame sobre todo por iso, porque mantendo a verosimilitude fainos crer que todo é posible, desde que os malos sexan bos ás veces, ata que o amor poda triunfar.
Maria (Euskadi)

En voz baixa (de Antonio García Tejeiro)


Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como profesor de educación primaria e premer ciclo da ESO nun colexio desta cidade. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais máis prestixiosos de Galicia. É crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, e durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para novos. Moitos dos seus libros foron incluídos nas Listas de Honor da CCEI e da revista CLIJ. Ganou o premio Merlín no ano 1996 con "Na fogueira dos versos". Tamén é recoñecido polas súas traducións ao galego. Na actualidade dirixe o programa radiofónico semanal Os sons do silencio.

En voz baixa narra a historia de Roberto, un rapaz de dezaseis anos que estuda segundo de BUP e vive co seu pai, un xornalista que quere ser escritor. Roberto viu como se derrubaba o matrimonio dos seus pais, e iso foi o que fixo que a súa vida non fose de cor de rosa. A novela é unha confesión , "en voz baixa", das cousas que sinte un adolescente que está descubrindo a súa identidade. O protagonista fala dos seus problemas na escola, das relacións persoais da súa familia, das súas lecturas preferidas, do pracer que lle produce a contemplación dun cadro, da necesidade de entrar no mundo do seu pai, en definitiva, de como ir construíndo a súa vida adulta.

El libro está dividido en dúas partes. Na primeira, o narrador é o propio Roberto e narra, en primeira persoa, os problemas do matrimonio dos seus pais e os seus problemas en xeral. Na segunda parte, narra a súa relación co seu pai, e os seus asuntos amorosos. Esta vez, o narrador non é Roberto, senón que a historia está narrada en terceira persoa. A división do libro está marcada polo contido. Mentres que na primeira parte Roberto nárranos os seus problemas, na segunda podemos ver como o protagonista vai buscándolle un sentido á súa vida.

Ao lonxe do libro o autor fai moitas referencias a algúns músicos, entre os cales é destacable Bob Dylan, o cantante favorito do autor, así como dos protagonistas da historia. Deste modo, poderíamos dicir que a novela ten unha banda sonora propia, al igual que moitas películas, o cal lle da un toque moi característico. Ademais, tódalas letras das cancións que Antonio García utiliza teñen moito que ver co argumento da novela. Unha das frases que máis se repite é “Porque os tempos están a cambiar”, algo que ao lonxe da novela ten moito significado, xa que trata diso, do cambio que se produce na vida de Roberto.

Algo que me chama moito a atención é a forma que teñen os narradores, tanto na primeira parte como na segunda, de falar dos protagonistas da historia. É normal que na segunda parte o narrador se refíra a eles cos seus nomes propios, xa que fala en terceira persoa e non ten relación directa con eles. O que me chama a atención realmente é a forma na que Roberto fala dos seus pais e os seus avós. Chámaos polo seu nome, algo destacable porque non é o normal. O normal sería referirse a eles como “ o meu pai”, “a miña nai”, “os meus avós”, etc. O que me fai pensar que o autor utiliza este recurso para representar a frialdade que existe na familia, a distancia que hai entre todos eles.

En xeral trátase dunha novela lineal, pero de cando en vez fai algúns saltos no tempo para narrarnos os recordos máis importantes de Roberto, co fin de facernos entender mellor o argumento da historia. A maior parte dela é unha narración, aínda que en algunhas páxinas utiliza diálogos para deixar constancia das conversacións entre os personaxes.

Os personaxes son moi diferentes entre eles. Roberto é un mozo de dezaseis anos que intenta mellorar a fría relación que mantén co seu pai, mentres que Tino, o pai, non parece facer nada ao principio para que esa relación mellore. Por outra parte, Fina, a súa nai, ten unha actitude máis positiva e moito máis preta co seu fillo. En realidade, ela é a persoa, a parte de Lucia, a súa noiva, coa que comparte as súas confidencias referidas ao seu pai, e ambos intentan buscar unha solución para mellorar a relación entre eles. O consello dela é que teña paciencia. Tamén aparecen personaxes secundarios que non teñen moita transcendencia, como poden ser os seus avós ou os seus compañeiros da escola. Outro personaxe, que a min gústame moito, e o vello do cadro. É unha persoa que sen facer nada, fai moito. É un debuxo pintado no lenzo, pero o simple feito de observalo e una satisfacción para os protagonistas, e axúdalles moito á hora de reflexionar sobre as súas vidas e relacións. É un personaxe moi paradoxal que ten moita transcendencia.


A historia transcorre na mesma cidade todo o tempo. Os espazos son moi restrinxidos, xa que a maior parte do tempo desenvólvese na casa, aínda que lugares como cafeterías, parques e galerías tamén son sitios, menos significativos, nos que, por momentos, sitúase a historia.

Como opinión persoal, vexo a necesidade de engadir que este libro é un libro doado para ler, no sentido no que é unha lectura rápida. Paréceme un libro para poder reflexionar, xa que conta unha historia sobre os problemas familiares que a calquera persoa lle poden ocorrer en calquera momento. Non é un libro que me haxa gustado especialmente, pero debo recoñecer que está moi ben estruturado e que pode legar a ser interesante para algunhas persoas. Penso que esta opinión non é negativa respecto ao libro, senón que a culpa, por así chamalo, é do meu gusto “sofisticado”, xa que son moi especial para as lecturas. O que quero dicir con isto é que non é o tipo de libro que eu cualificaría como “libro que me gusta”. Este é un pensamento moi xeneralizado, porque teño que recoñecer que hai moitos puntos do libro que me pareceron interesantes, como a importancia que se lle da ao cadro do vello e as actitudes dos personaxes, pero no seu conxunto non é un libro que me haxa deixado tan satisfeita coma outros.


Ariane (Euskadi)

Galiza un soño

A vida é como una rúa, nunca vas saber a onde chegas.....(Galiza nos ollos dun alemán)
Galiza, Santiago, a cidade do apóstol..... Cando vives nunha cidade como Berlin cada outro lugar pareceche mellor. Tamén así foi no ano pasado cando fun aquí por primeira vez. Os galegos son moi diferente aos alemáns ? Claro, que sí ! Os alemáns viven para traballar e outros traballan para vivir. Así é. Hai moito para aprender nun outro país, por eso gustame tanto viaxar. Aqui non separades a basura ? Claro, que non. Cando vas ao supermercado e non queres bolsa de plástico para conservar o medio ambente, mirante como se fosses extraterrestre. E os semáforos ??? Non existen para peatones. E ademáis, o ruido. O servizo de basura chega pola noite es as bolsas de basura ponense diante das portas. Mhhhh... e sobre todo, a xente.. que amable. Que bueno de ver que se pode preguntar a un conductor de autobuses a onde va. En Alemania a resposta sería como ' Vostede non pode ler o horario '? Tamén os mendigos teñen cortesía. En Alemania cando non lle das unhas monedas a él corres riesgo de maltratamento o insultacions, aqui non. E a comida ... Mhhh que rico ! E tes tempo de comer para duas !!! horas ! A min gustame moito este país. E totalemente diferente de Alemania e por eso gustame tanto. Aupa Galiza, Aupa Celta !

Ben (Alemaña)

Santiago


A primeira vez que vin a Santiago foi en 1989. Daquela contaba dez anos e viña para ver ó papa polaco que convidara ós mozos de todo o mundo para celebrar o Día Mundial da Xuventude. Lémbrome que viña cun grupo da miña parroquia, acompañados polo vicario xeral da diócese de Bucarest, Xoán Robu. Saír do meu país foi unha experiencia moi importante, non era moi fácil cruzar a cortina de ferro e moito menos para asistir a un acto relixioso, aínda máis como católico. Mentres que na dictadura de Franco a Igrexa vivía a súa época de ouro, en Romanía esta tiña prohibido ter bispos ou calquera relación co Vaticano. Desa primeira viaxe quédanme poucos recordos, algunhas imaxes dunha cidade entusiasmada por recibir ó papa, cunha paisaxe moi verde que se contrapuña á do meu país, tan gris e tan triste ó mesmo tempo. Dez anos máis tarde, algo xa maior e acompañado pelo mesmo Xoán Robu, esta vez como arcebispo de Bucarest, volvín outra vez á cidade do Apóstolo Santiago. Daquela era un rapaz novo estudante de filosofía e teoloxía en Roma e viña para participar a un encontro de mozos europeos. Fixen a viaxe en autobús ata Burgos e dende alí vin a pé ata Santiago. Demorámonos unhas tres semanas, con paradas ás veces longas para poder coñecer o país e descansar. Pasamos unha semana en Santiago, hospedados nun convento de freiras á beira da Catedral. Entre catequeses e misas tiven tempo tamén de coñecer mellor a cidade e saber que, alén do castelán, había unha lingua galega que me soaba moi ben aínda que non chegaba a diferenciala do castelán ou do portugués. O certo é que, daquela o meu castelán era ben pobre. Dende que vivo en España, hai xa nove anos, sempre quixen volver a Santiago, pero non o conseguín ata o ano pasado cando fixen outra vez o camiño cun grupo de estudantes da Universidade do Porto. Lembro que cheguei a Santiago pola maña, algo canso e con vontade de volver ó Porto para ver ó meu mozo. Nin sequera fun abrazar ó apóstolo, sóamente entrei na catedral para descansar e rezar un pouco. Agora que xa pasaron vinte anos da miña primeira visita, estou aquí outra vez. Esta vez para quedar un pouco e para aprender aquela lingua, cuxa existencia ignoraba outrora. Todo isto grazas á miña profesora de galego da Universidade de Barcelona onde estudo filoloxía. Estou a punto de rematar o curso, pero éme un pouco cedo para plasmar a miña imaxe desta cidade que me gusta moito, que me cheira a pedra, a pedra mollada pola choiva e pola esperanza de tantos que viñeron dende lonxe movidos por algo que eu antano pensaba ter.



Radu Ilie (Romanía)

Santiago 2009



Desde que teño uso de razón sempre quixen vivir en Galicia. Iso si, non vos sabería dicir desde cando teño uso de razón..

Que a miña familia paterna sexa desta terra celta pode ser un factor a ter en conta, aínda que non é o factor crave, que aínda está por descubrir.

Co paso dos anos namórome máis, e iso faime ser máis dependente, tanto que veño como mínimo unha vez ao mes.
Aínda así nunca puiden mudarme aquí definitivamente, como gustariame. Podo chamalo frustración, nalgún aspecto, pódese chegar a sentir iso, no entanto, a esperanza é o último que se perde, ou almenos é o que din, ou que sen esperanza non hai decepción. Tocoume aplicarme ese conto.

Así pois desde os 14 anos decidín que ía tentar ser a catalá máis galega que calquera persoa puidese atopar. E non é tarea fácil, non vos penseis. Empecei a moverme, a vivir un pouco en todos lados, pero sempre atada a (miña) Barcelona.
Podo presentarvos o meu pobo natal, onde me críe e ao que vou cada vez menos, Canet;

Un lugar armónicamente mediterráneo, un pobo costanero que ten tamén preciosas montañas, que xente humilde e senzilla. Gústame a súa tranquilidade e o xeito de vivir a vida que teñen os catalans. Aínda que non o podo comparar coa cultura galega, o xeito de vivir dos galegos e todo o que os caracterizan.

Canet regálame moitas cousas, pouco a pouco aprendo a aprecialas, aceptalas e valoralas.




Tamén podo presentarvos a miña aldea, o que eu considero 'a miña casa', Chenlo, a 8 km de Porriño (e este a 12km de Vigo), catro casiñas perdidas nunha montaña repleta de eucaliptos, cunhas vistas impresionantes (na foto non se pode chegar a apreciar), unha cor verde que o alaga todo, e miles de sensacións.
Encántame a vida que recobra todo cando estou aí, saír ao balcón e ver todo o val, e de lonxe Portugal. As cores, os cheiros, os acentos, os sons, a música, o cotián, o bulgar, o bo e o no tan bo.



Sempre me dixeron que afacemos querer o que non temos, ou neste caso o que temos lonxe, e ese foi uns dos xuízos que arrastrei até agora. Non se trata de querer o que non temos ou o que temos lonxe, senón simplemente ter claro que é o que queremos. Penso que é mellor arrepentirse de algo que fixeches que non de algo que deixaches por facer. Estou convencida de que non me arrepentirei de virme aquí.


Por agora, vivo ao día (como di a canción de Carlos Chaouen), puiden pasar un mes diferente, nunha cidade que conocia a anacos, puiden descubrir novas cousas, sensacións, persoas, e todas as mañás espertoume o son dunha gaita galega. Iso para quen o sente, xa é moito.

Despídome xa, con menos inspiración da que xa tiña ao empezar a escribir e aproveito para desexarvos o mellor.

Biquiños!



Sílvia. Cataluña

A MAXIA DOS CONTOS


Din que cada día un aprende polo menos unha cousa nova, non importa o lugar e tampouco o tempo, trátese do que se trate. Decidín achegarvos un pouquiño da cultura checa, pero mentres estaba traballando na tradución, atopei nela moitos aspectos para min ata hoxe en día descoñecidos. Cando era pequena, tragábame, como tódolos nenos, tódolos debuxos animados e contos accesibles, pero daquela non vía máis alá da historia dos personaxes máis ou menos reais; non tiña nin idea de ningún contexto político ou ideolóxico que puidese estar escondido detrás das peripecias dos heroes ou dos imaxes, na forma da súa expresión. Escollín para vós un conto, que xa forma parte da historia cultural do meu país, que segue sendo popular ata a actualidade, mellor dito trátase da descrición dun personaxe dun conto, da creación deste e das súas peripecias, unha formiga que un bo día se fixo famosa....


ADVERTENCIA

Trátase soamente dunha mostra dun conto checo, un conto enxebre, e aínda que siga na escena cultural do país, faino para que a xente non esqueza aqueles tempos complicados e escuros, os contos novos son ben diferentes e Chequia considérase como un dos mellores países en canto á produción conematográfica, pero claro, os debuxos animados e as películas son dúas cousas distintas, non mesturemos peras con mazás.


FORMIGA FERDA

Ferda é o nome dunha formiga moi simpática, dun personaxe que aparece como heroe nos cómics e tamén nos libros de Ondrej Sekora, un escritor checo. Ferda é moi optimista, destaca pola súa intelixencia, nada teme e sempre sabe levantar a cabeza. Distínguese das demais formigas polo pano vermello, con puntos negros, que leva no pescozo. Normalmente os heroes non camiñan sós polo mundo - Quixote gozaba da compaña de Sancho Panza, Shrek do burro e o pai de Nemo de Doris.... - no caso de Ferda nada cambia, o seu compañeiro chámase Pytlík, un escaravello que sempre está en líos. Son dous personaxes opostos, mentres que Ferda se basa nas súas experiencias que lle serven para crecer como persoa, Pytlík é un ignorante que xulga sen coñecer previamente, é un teórico sabeotodo que axudando ampeora as cousas e as situacións.

Ferda apareceu por primeira vez o día 1 de xaneiro de 1933 nun xornal daquela bastante popular na antiga Checoslovaquia; as súas peripecias seguían os feitos producidos na historia do país, e ao principio este cómic era para adultos, ou sexa para a xente maior e non para nenos. Tres anos máis tarde o autor decidiu xantar tódalas pezas do cómic e publicar un libro, pero tivo que refacer a maioría das historias para que fosen lexibles e accesibles tamén para os máis pequenos. A pesar desta corrección había pasaxes bastante drásticos para o público tanto xuvenil como adulto, que non foron eliminados completamente. O último cómic apareceu no xornal Lidové noviny no ano 1941, despois o autor viuse obrigado a abandonar o seu posto de traballo polas razóns políticas. Un ano máis tarde surxiu a primeira película feita por marionetas. Ferda non era soamente a viva representación do tempo e da historia, senón tamén do seu creador mesmo. Sekora fíxose comunista e por iso a formiga empezou a frecuentar as brigadas dos anos cincuenta, cumpría os planos establecidos para cada temporada e loitaba contra os intrusos, tanto fóra como dentro de partido.


FERDA NOS TEMPOS ESCUROS

Como xa dixen, a historia do país proxectábase na vida dos insectos. Comezouse coa primeira república representada nos uniformes dos policías-cortapicos, nos capítulos seguintes loitaban as formigas vermellas nos cascos iguais aos que levaban os soldados alemáns. Falábase da bomba atómica e a venta de billetes que se empregaban en lugar de cartos. Nos últimos capítulos apareceron os concursos laborais, as vantaxes da mecanización das construcións, advertencias ante o perigo da palabra ("o inimigo está escoitándote, as paredes oen,..."), a mobilización do mundo de insectos onde ninguén quedou na posición neutral durante a loita e moitas cousas máis.


PROTAGONISTAS: UN ÍDOLO, UN PALETO E UNHA PIJA

En canto a Pytlík, este aparecía na escena esporadicamente, o verdadeiro heroe era a formiga, o seu compañeiro saía a vista cando lle conviña ao autor; á parte del tamén había outra personaxe, unha xoaniña, como símbolo sexual (ou de atracción) do protagonista. Cada un tiña o seu rol ben definido, xa que hoxe quedeime sorprendida tras atopar ese contexto político tan forte, intentei buscar tamén outros fenómenos máis humanos, espero que así fose a intención do seu creador. Quitándolle a Ferda toda a súa ideoloxía política, podería dicirse que no conto representa a intelixencia, a práctica, o espírito aventureiro, a bondade, a humanidade relacionada cunha enorme capacidade de axudar e solucionar os problemas dos demais. Tamén ten a súa parte sensible, está namorado da xoaniña que non deixa de rexeitalo e enriba aprovéitase del. A xoaniña é un bechiño malcriado, presumido, tén un carácter calculador e, sobre todo, é moi pija. Crese superior aos demais, impórtalle só como un é por fóra, e persoas así nunca chegarán moi lonxe, pero como non teñen a capacidade de saír do seu mundo da ignorancia, non se darán conta xamais. Tén moito en común con Pytlík, outro bechiño que adoita aportar a risa ao conto, pero faino sen querer, posto que pertence ao mundo dos paletos.


En fin, existen moitas maneiras de adoutrinamento da sociedade, e os contos son unha delas. Nada é o que parece ou poida parecer á primeira vista. Din que o peor choque é cun ignorante, eu penso que é verdade e, peor aínda, inevitable. Xa nos pasou a todos e senón, nos vos preocupedes, todo chega! (Paulina,Chequia)

Medio 2

A clase de medio 2, como pudimos comprobar no xantar do pasado venres, é a clase máis animada de todo o curso. As encargadas de facer desta clase un grupo unidos no que non hai problemas e de enseñarnos todo o que saben son Carme e Rosa xa descritas alí abaixo.
O grupo está composto por 23 persoas de diferentes idades e nacionalidades cun oxetivo común: aprender galego.

Ber: É un rapaz de trinta anos, é alemán pero non parece estar moi orgulloso diso. É alto e louro. É moi curioso e ten moitas ganas de aprender.

Anna: É unha rapaza rusa máis vive en Alemaña. É moi guapa e ten unos ollos estupendos. Ten o pelo largo e sempre o leva solto. É moi intelixente e tímida.

Dumi: É unha rapaza romanesa afincada en Santiago. Ten o pelo castaño e o leva sempre solto. Ten sempre a uñas perfetas e un xesto agradabél para todos nós, menos para Radu con quen sempre regaña (o iso cremos porque o fai en romanés).

Radu: É un rapaz de trinta anos aínda que non os aparenta nin polo seu físico nin pola súa personalidad, sembra ter unos 22. Sempre ten ganas de festa. É alto e moreno. Nunca (casi nunca) ten chisqueiro e grazas a iso somos moi bos amigos.

Carlos: É un rapaz, bo, un home chileno moi interesado na cultura galega e nos pobos íberos. É baixiño e moreno. Gústalle moito falar e compartir experiencias. É un bo compañeiro.

Adina: É unha rapaza romanesa moi intelixente. Ten o pelo castaño que ás veces leva solto e outras con coleta. Ao principio é un pouco tímida pero cando falas con ela ves que é moi simpática.

Jason: É un rapaz inglés, baixiño, louro e un pouco tímido. É o máis novo da clase e non por iso menos interesado na cultura. Gústalle moito a música e xa o vimos coa súa guitarra.

Nilsa: É unha muller brasileira aínda que si non fala non nótase. Ten o pelo largo é louro. É unha amante dos sufixos máis non importaller facernos rir na clase e fóra dela. Non aparenta a idade que ten, aínda que non sei exactamente os que ten, non os aparenta.

Juan Francisco: É un artista. É un rapaz de vintecatro anos nacido en Albacete. Músico de profesión e de sentimiento, sempre ten unha palabra bonita para calqueira e co seu arte fános rir e aprender.

Marina: É unha rapaza de Zaragoza, alta co pelo largo e rizo. Ten cara de nena e sempre ten un sorriso na face que ilumina a aula.

Silvia: É unha morenaza catalana dunos vinte anos que sempre leva un moño que deixa ver o guapa que é. Creo que é moi tímida xa que non fala moito pero ten que ser "boa tia".

Marta: É unha rapaza catalana namorada de Galicia. É morena e non moi alta. Gústame escoitala falar, pola súa voz e porque da súa boca nunca sae unha parvada.

Alicia: Chegamos á terceira catalana do grupo. É baixina, delgadiña, leva o pelo liso e solto. Ten anteollos. Aínda que falaramos pouco, sei que temos moita cousas en común.

María: É a euskalduna loura máis guapa e máis xeitosa da clase. É alta, delgada e ten face de anxo aínda que pode ter mala leite...É pouco festeira pero para outras cousas, para falar, para estar nunha terraciña é a compañeira perfeta.

Ariane: É a euskalduna morena máis guapa e máis xeitosa da clase. É baixiña (pero os perfumes máis caros e bos veñen en frascos pequenos) morena cun rizo natural envidiábel é un pouquiño delgada de máis. Sempre está de bon humor, río con ela coma a que máis. É a mellor compañeira para ir de festa e máis de comida, de cea ou de merinda.

Tom: É un rapaz inglés con corpo de hombre e mente de neno. É moi alto, ten o pelo un pouco largo pero sempre tapado cunha gorra (a súa gorra). É moi branco con pencas por todo o corpo. Sempre fános rir e pódese falar con él de calqueir cousa. Debería dormir algo máis pero leva a festa na súa sangre.

Grit: É unha rapaza alemana, loura co pelo sempre recollido cunha coleta característica. Ten corpo de deportista xa gústalle moito facer deporte. Ao principio parece unha rapaza tímida, pero en realidade é moi graciosa e simpática.

Sarka: É unha rapaza checa de vintetantos anos (que non aparenta). É morena sempre co pelo liso e solto, é alta. É unha rapaza moi simpática coa que gústame moito falar. É moi boa compañeira de clases e de bares. Canta coma os anxos.

Bartek: É un rapaz polaco, louro, moi alto e guapo. É unha persoa moi tímida e reservada pero de festa pódese comprobar que un rapaz coma calqueira. Costoúme unos días pero descubrín que é un bo rapaz.

Cristián: É un rapaz chileno de vintetantos anos. É moreno, nin alto nin baixo, impactantemente simpático. É un rapaz moi aberto e cariñoso que estes ultimos días imos extrañar moito

Quen falta? Ah! Paulina: É unha rapaza especial. Non ten mais descripción. Con dicir "a checa" todos sabemos quen é e como é.

E eu son unha madrigalega encantada de pasara iste mes convosco. Non vos esquecerei nunca.

Elena (Madrid)

CARME

Esta persoa ao principio parecíame estrita, quizais polos rasgos de cara moi marcados que tén e unha mirada que tiña a capacidade de falar no silencio da boca, pero co tempo cambiei de opinión; é moi riquiña e o seu espírito xuvenil quítalle unhas cantas primaveras. Polo seu aspecto físico non parece ser do lugar que é, a pel pálida moi sensible ao sol que se queima cos primeiros raios de Lourenzo, e tampouco o seu xeito de falar, confirman a súa orixe. Ten o pelo curto e escuro, liso con pequeno fleco, os ollos marróns abertos ao mundo sen lentes e un nariz fino e recto. É bastante alta se a comparo co resto da poboación da mesma nacionalidade. Vístese dunha forma sinxela e cómoda, a roupa que se pon máis a miúdo son os vaquieros ou pantalóns, blusas ou camisetas e unha chaqueta. As cores da súa vestimenta non che chaman a atención. Non adoita levar sortellas, como moito un reloxo. É moi intelixente e gústalle compartir todo o que sabe cos demais. Érguese cedo, sempre chega a tempo e fainos falar e xogar á primeira hora da mañá cando o único que nos apetece é voltar ás nosas casas e descansar outro pouco, pero no canto de facer iso temos que poñernos as pilas e espelirnos para atopar as nosas parellas sinónimas antes de que se acabe o tempo permitido para o relax...

Paulina (Chequia)

ROSA

É unha gran amante de música, a súa vida é un eterno cantar, a súa paixón chegou ata tal punto que se convertiu nunha cantante afeccionada, noutras palabras, fala cantando de tal xeito que ata os xuramentos parecen rechouchíos de paxaros na plena natureza ao saír da súa boca. É unha muller feita e dereita, e por riba moi xeitosa, o seu sorriso quédalle tan ben coma o corte de pelo que leva, ben, quizais aínda máis, pero o cabelo merece un anaco nesta descrición. O corte é preciso e ben definido, sempre coidadosamente peiteado, liso e castaño de cor, fáltanlle os bucles naturais, para o que ela mesma tén unha sinxela solución - adoita xogar con el nos seus anacos de nerviosismo. Á parte disto, tamén acostuma xogar cos seus anteollos que lle fan ver o mundo con máis precisión, pero xa a vin sen eles. Ponse a roupa cómoda, os vaqueiros e blusas ou camisetas máis ou menos graciosas é o máis típico. Non só é unha gran amante da música, senón tamén da natureza, xa que sempre a acompaña algún animaliño (na forma de debuxo, boneco ou sortella), creo que o seu bichiño preferido é a xoaniña, posto que tén un par delas pegadas ao corazón por fóga, tapado pola roupa. E esta rapaciña tén moito valor porque sempre se pon diante... :-)

Paulina, Chequia

REM - M. Cărtărescu. Fragmento


Hola a todos e a todas.

Porque tan pouco da literatura romanesa chega a Galicia a través das traducións, decidiu poñer a vosa disposición un fragmento (non é esta a mellor tradución que o pobre autor merecería, pero polo menos é un intento) da novela REM de Mircea Cărtărescu.

O autor, un dos máis importantes escritores romaneses posmodernos, persegue nesta novela, como na maioría das súas obras, o tema do soño, das fronteiras escorridizas entre a realidade e o imaxinado.

As personaxes da novela son unhas nenas, Nana (a que, anos despois, conta a historia), Ester (unha xudía), Puia (unha nena moi fermosa, pero fría e extraña), Garoafa (unha xitana), Ada e Carmina (irmás xemelgas) e a Balea (unha rapaza que leva este alcume pola súa gordura), que comenzan un xogo extraño, "As raiñas". No xogo, cada unha delas recibe una cor, unha flor, un lugar onde van xogar e un obxecto que, ao parecer, no mundo imaxinado-real do xogo adquire poderes máxicos.

O texto original pódese encontrar aquí: http://lecturasenromanes.blogspot.com/

Adina (Romanía)


REM - M. Cărtărescu (tradución do romanés)

Ao cabo dun cuarto de hora volvemos reunirnos todas e mirabamos Ada, que ía ser nuestra raíña, dun xeito distinto. Ela xa levaba unha saia anil e unha camiseta dun malva máis escuro.

Íamos adornala con todos os símbolos da realeza. Pero antes de todo, das mans de Carmina, Ada extrouxo o anaco de papel que contía o lugar onde ela ía reinar. Tocoulle o lugar máis desexado por todas, o patio da nosa casa.

Sentamos Ada no trono e adornámola con todos os abelorios que encontramos. Na man esquerda tiña unha estatua de ferro que representaba un guerrerio indio, como se fose un esceptro. A súa flor colgáballe do peito, amarela-laranxa. Tamén trouxémoslle da casa o reloxo que tiña que utilizar no xogo. Era un reloxo para damas, pequeno, cunha correa vermella, brilante e cunha esfera dourada, con agullas negras. Non tiña mecanismo, era un xoguete para que os nenos ensenasen a hora. As agullas podían moverse con un botón. Puxémosllo na man, e, unha vez rematado o ritual da investidura, inclinámosnos ante a raiña. Esperabamos con curiosidade as súas ordes, mentras cada unha de nós pensaba o que fixese ela se fose Ada.

Despois de mirar cen veces o seu reloxo, despois de mandarnos traer todo xeito de cousas, para gañar máis tempo, Ada, finalmente, decidiuse. Creo que inventara o xogo naquel momento, xa que non o xogáramos ata ese día. Primeiro, mandounos debuxar sete liñas brancas, unha cada dous metros, na senda de ladrillo que levaba o fondo do patio. As liñas tiñan que representar, dixo a raiña, a edade da xente, de dez en dez anos. Por iso escribimos o número 10 xunta primeira liña, 20 xunta segunda, etc., ata chegar a 70. Cada unha de nós, segundo a súa cor, tiña que camiñar ao longo da senda, atravesando as liñas, e mimar en cada intervalo a edade correspondiente. A idea non nos pareceu moi boa, pero podíamos facer iso para comezar. A vellez era fácil de mimar, pensabamos, pero como mimar a edade de trinta o corenta anos?

De todos xeitos, unha orde era unha orde, así que a gorda atravesou a liña que representaba os dez anos, xa que tiña once, e empezou camiñar amodo ao longo da senda. Para “cronometrala”, como oíramos que se facía nas competicións, Ada, da altura do seu trono, mirou o reloxo. Deu un berro de sorpresa, porque as agullas desapareceran. Sería posible que caesen? Só ao abrir o cristal puido entender Ada o que ocorría: metiu o dedo dentro, pero sacouno axiña, ollando asustada a punta que sangraba. As agullas estában alá, pero movíanse tan rapidamente que non se podían ver. A gota de sangue, púrpura e brilante, caíu no seu vestido, onde estendeuse no tecido, formando unha mancha escarlata. Miraríamos ainda moito tempo máis, sorprendidas, o reloxo vivo, se non nos chamase a atención o que ocorría coa pobre Balea mentras camiñaba como unha somnámbula ao longo da senda pavimentada con ladrillo. Chegara ata a terceira liña e, ao principio, pensamos que imitaba esa edade madura, cunha verosimilitude inquietante. Pero non podía ser só unha actuación: a Balea medrara en altura, as cadeiras e os senos volvéranse máis grandes, o pelo xa tiña unha cor máis escura. Agora xa merecía, sen dúbida ningunha, o seu alcume: unha muller totémica, redonda como o planeta Xúpiter, tan masiva como el. A súa roupa cambiaba a medida que avanzaba, a saia era nun momento máis longa e noutro máis corta, os zapatos tiñan tacóns máis altos o máis baixos. A partir da mitade do terceiro intervalo, no anular comezou lucirlle unha gruesa alianza de ouro e, ao atravesar a cuarta liña, o pelo púxoselle cano. Era máis ancha que alta. Crecéralle unha triple papada e os senos chegábanlle ata o embigo. Camiñabamos xunta ela, á beira da senda, pero ela miraba dereito ata diante, cun aire ausente. Pouco antes de atravesar a quinta liña, a Balea derrumbouse. Apartámosnos, aterrorizadas. Ao cabo de uns segundos, da muller enorme só quedaban uns restos de ósos envoltos en trapos podres: un maxilar escuro, un fémur, unhas poucas costas... Axiña, aínda estas convertéronse en po. Empezaríamos a berrar, se non fose pola aparición da Balea junta nós, fóra da senda maldita. E, ao vela mirarnos con sorpresa, entendemos que non sabía nada do que pasara e que non debía sabelo nunca.

Tocáballe agora a Ada, que desprendeu o reloxo da man e deixouno no trono. En vez de temer continuar o xogo, comezáramos sentir curiosidade: queriamos saber como serían as demais rapazas máis tarde na súa vida e cando morrerían. Posto que a idea da morte en si non nos impresionaba, mirábamolo todo como se fose unha película, todo nos parecía unha halucinación extraña na que nin pensabamos crer. Cando Ada dirixiuse hacia a primeira liña debuxada na senda, Carmina seguiuna e colleulle a man. Non podían imaginarse comezar o camiño doutro xeito que xuntas. Iso ía en contra da regra que establecéramos, pero, xa que en primeiro lugar se trataba da raiña, e despois porque non queriamos separar as xemelgas, deixámolas marchar collidas da man, nos seus vestidos brancos, co mesmo pelo castaño claro, vidroso, ondeándolles nos ombros, co mesmo sorriso idiota-encantador nas caras idénticas. Porque, xusto ao dar o primeiro paso, cambiaran de roupa, e elas mesmas, normalmente bastante diferentes para quen non as coñecía moi ben, estaban agora imposibles de identificar. Eran un organismo dobre, co mesmo metabolismo, eran dúas siamesas unidas a través das palmas xuntadas, Carminada ou Adacarmina camiñando cos mesmos movementos, co cabelo ondeando no vento, do mesmo xeito e ao mesmo tempo. Cando se acercaron á segunda liña, convertéronse en dúas mozas vestidas de branco e verde, con pequenas pulseiras en forma de serpe np pulso, sorrindo con beizos carnosos e tenros. Aos corenta anos eran mulleres seductoras, con senos marabillosos, con pernas moi largas, e levaban zapatos delicados de coiro negro e vestidos vermellos.

Elas tampouco cruzaron a quinta liña. De súpeto, unha delas dispersouse no vento tán rapidamente, que por uns instantes o seu esqueleto ainda se mantivo en pé, calzado en zapatos de tacón e vestido en restos de seda. No cranio o pelo seguiu lucindo, ata que se convertiu en cinsa. As uñas caéronlle da man, flotando no aire como pétalos de rosas. A outra xemelga mirábaa estupefacta, aínda non tivera tempo de reaccionar cando o esqueleto da súa irmá se derrumbou, se convertiu en po e desapareceu. A xemelga caeu de xeonllos e logo tendeuse no chan. Quedou inmoble, branqueou, petrificouse. Parecía unha estatua, un molde de Pompei. O nariz agrietouselle, os brazos rompéronse, o tronco crebouse, da estatua non quedaron máis que achas e fragmentos que se pulverizaron aun máis, ata chegar como un po de xiz, que o vento levou e empuxo ata o fondo do patio. Pero Ada e Carmina volveran junta nós, nos seus vestidos de sempre. Ada volveu poñerse a coroa dourada na cabeza e o reloxo na man.

Entón comezou Puia, fría coma unha botela de auga con xeo, fascinante coma o ollo transparente da víbora, pero, máis alá de todo – abstraída, distante. Facendo soar lixeramente os seus colgantes e pendentes, ela atravesou os sete intervalos con paso firme, sen cambiar, sempre igual a si mesma. Ao atravesar a liña que marcaba os setenta anos, era a mesma nena fermosa e, propiamente dito, sen par. A súa imaxe traspasou a tapia do fondo do patio e perdeuse no horizonte, baixo as nubes enganosas. Ester e Garoafa, ao envellecer, acentuaron os rasgos dos seus pobos.

Con todo iso, cada unha volveu junta nós, estremecéndose e tremendo. Ningunha estaba consciente do que lle pasara na senda de ladrillo.

Tocábame. Comecei a prepararme para a gran viaxe. (...)


unha vez escribín un conto...

Unha vez escribín un conto en galego. É escrito en galego porque si, porque estaba nun tren con ganas de escribir e porque así saíron as palabras. Aquí tendes un fragmento:

“Hmm?”

Isto é a súa forma de dicir calquera cousa que desexa exprimir. Non sei se o fai con outros, pero adóroo. Téñoo pensado moito. Podería significar: “É bastante?” ou “En que pensas?” ou “Cres que teño razón?” Hai posibilidades infinitas, como cría cando estaba coñecéndoa.
Coñecina hai dous anos. No cinema digo eu; ela contaría distintamente. Pero a primeira vista nunca se esquecerá: na aula grande, na uni, no xersei vermello. Movouse fóra dun grupo de estudantes estranxeiros, coma o era toda a xente alí aquela noite, e como estendía o seu corpo para alcanzar unhas tapas nunha mesa insulsa, revelouse a barriga coa súa pel magníficamente moura, que contrastaba co seu cinto delgado e dourado atado ós seus pantalóns negros chic.

Atopei aquel cinto inesquecíbel hoxe, cando non estaba mirando. Estaba vestíndose no cuarto de baño. Non me sentín mal, porque atopárao, e toqueino, e desexaba máis que nunca volver a aquel momento para velo outra vez sobre o seu corpo. Se xamáis soubese o que fixera, non penso que lle importaría. Para min, así tamén son os consellos - para non escoitar, como discutimos hoxe. Son como as alarmas de guerra – ó oílas foxe a xente. É que entre as voces internas - chamémolo ‘unha festa de consciencias’ – que difícil é escoller a que desexas; máis difícil aínda seguir o camiño que che consellan tomar, porque ignoramos cousas. Todo se fará mañá, non?

---
Non pode decidir. Que sexa polo pasado, polo porvir, ou por unha das súas enerxías secretas e descoñecidas (non son todas así?) e a min, lonxe no sofá con ela, resúltame difícil saber qué dicirlle. Ás veces lle conto o que vén á cabeza, a ver se chega parecido en palabras raras no aire, e sei que sempre, sempre, me está escoitando; non importa se despois de escoitarme descarta a miña frase ou non, o importante é que me escoita.

- Tom (Reino Unido)

Poñamos que falo de Madrid (Paulina, Chequia)




Alá onde se cruzan os camiños



onde o mar non se pode concebir



onde regresa sempre o fuxitivo



poñamos que falo de Madrid.






Onde o desexo viaxa en ascensores



un buraco queda para min



que me deixo a vida nos seus currunchos



poñamos que falo de Madrid.






As nenas xa non queren ser princesas



e aos nenos dalles por perseguir



o mar dentro dun vaso de Xenebra



poñamos que falo de Madrid.






Os paxaros visitan ao psiquiatra



as estrelas esquécense de saír



a morte pasa en ambulancias brancas



poñamos que falo de Madrid.






O sol é unha estufa de butano



a vida un metro a piques de partir



hai unha xeringa no lavabo



poñamos que falo de Madrid.






Cando a morte veña visitarme



que me leven ao sur onde nacín



aquí non queda sitio para ninguén



poñamos que falo de Madrid.






Madrid.......

Un pouquiño de literatura

Lémbrome da miña mestra de literatura falando en clase da realidade galega reflexada nos texto que líamos e pensaba que estaba tola. Para min eran textos sen máis, algunha novela máis interesante ca outra pero xa. Agora estou aqui vivindo esa realidade en primeira persoa e entendo moito mello o que ela intentaba explicarme.

Cando cheguei a Santiago quería ler algunha novela contemporánea que na clase non tive tempo de ler. Pensei en Manolo Rivas, Suso de Toro pero ao ver o programa das conferencias vin que Méndez Ferrín viría visitarnos e non podía perder a oportunidad de ler unha novela súa na súa terra e obter unha dedicatoria. Así foi, merquei Arrabaldo de Norte (novela que aínda non rematei de ler) e coñecín a Ferrín. Para min os escritores e tódolos intelectuais están un peldaño máis arriba ca min pero aquí é distinto, eles fanche sentir á súa mesma altura. Un día estas na clase falando deles ou na casa lendo un libro deles e ao dia seguente estás xantando con eles.

Por iso este curso é tan importante para min. Ó chegar pensaba que sería un curso de lingua máis, pero é moito máis que iso, con tódalas actividades que temos vívimos moito mellor Galicia. As conferencias, non todas, son moi interesantes e para min oir e coñecer a xente coma Monteagudo, Alonso Montero, Beiras o Ferrín foi moi especial. Sobre todo Alonso Montero: lin tantos artigo súos o oín tanto falar del, que xa era coma se o coñecese. Ademáis na miña facultade fánse proxectos e unha revista (Madrigal) nas que él colabora.

Tamén as excursiones fannos sentir esa realidade, estar en lugares dos que liches cousas é para min moi emocionante. E ver de tan preto esas paisaxes, que cría que non era para tanto, pero NAMORAN a calqueira.

Todo isto non sería posíbel sen o esforzo dos organizadores, como non mencionar o sorriso que Malores ten cada mañá para todos nos ou a cercanía das profesoras. Carme fai que os verbos sexan divertidos e Rosa que a nosa fala mellore cada día.
E todos vos. Non importa a idade nin donde vimos, nin o que estudamos, cando estamos xuntos somos todos iguais e temos algo en común: GALICIA

Ferrín na súa dedicatoria dirixiouse a min como "a madrigalega". Eu non podería explicalo mellor: síntome madrigalega.

ELENA AGUADO (Madrid)

domingo, 26 de julio de 2009

Unha boa experiencia



Cando era aínda unha nena visitaba Galicia co meu pai. Lembro moitas cousas e Justificar a ambos ladostamén moitos lugares pero non lembraba a cidade de Compostela. Durante o último ano na universidade non pensei nin por un momento que puidese vir a Galicia a pasar o mes de xullo, pero un día calquera, polo mes de abril máis ou menos, a miña profesora de galego informoume dos cursos de verán e pensei que podería ser unha moi boa oportunidade para volver á esta cidade que xa tiña esquecida. O feito de ter que ir a clase tódolos días non me facía moita graza, xa que levaba un ano madrugando día si e día tamén, pero estaba disposta a pasar por iso, e teño que dicir que unha vez aquí non foi tan duro o esforzo que tiña que facer.


A miña chegada a Santiago foi o día un de xullo e dediquei o día a buscar a casa na que tiña que aloxarme, algo nada doado para min xa que non teño orientación ningunha. Unha vez encontrada a casa, organicei as miñas cousas e esperei ata o seguinte día, día no que coñecería a Malores, a nai de todos nos. Despois de recibir o cheque, a benvida de Malores e unha carpeta horrible, fun recorrer Santiago coa intención de coñecerlo mellor, algo que non supuxo moito traballo puesto que non é unha cidade moi grande.


As clases empezaron un venres, en mi opinión o peor día da semana para empezar unhas clases, pero foi divertido e moi emocionante coñecer tanta xente diferente e de lugares tan variados. Fixeron falta algunos días e algunhas pequenas festas para coñecer á xente, pero mereceu a pena. Ninguén me fixo sentir incomoda en ningún momento e teño que recoñecer que, en xeral, estiven a gusto con todo o mundo. Os días pasaban e a xente cada vez era máis aberta. As clases eran divertidas pero as conferencias non me producían o mesmo sentimento, é máis, teño que dicir que algunhas eran moi aburridas e podían considerarse como un dos mellores sustitutos dos somniferos. Nada que o meu corpo non puidese aguantar... xD


Agora xa chegamos ao final, e podo dicir con total sinceridade que disfrutei moitisimo da miña estancia en Santiago. Difrutei moito da cidade, das clases e de tódalas actividades que os profesores e os encargados dos cursos prepararon para nos.


En xeral foi unha moi boa experiencia, e non sei se poderé volver o próximo ano, pero se puidese, volvería sen pensarlo. Marcho a Bilbao tras unha gran experiencia e con amigos que espero volver a ver pronto. Dar as grazas, tanto aos organizadores do curso como aos profesores e compañeiros, é o único que podo facer.


Me despido de vos dándovos unha gran aperta e cun "ata pronto", xa que un "ata sempre" supoñería dar por feito que non vos volvería a ver. Grazas por compartir esta experiencia comigo e disfrutade dos días que quedan.


Ariane Aguirre, Euskadi

Galicia e o galego na miña vida

Pasar parte do verán estudando en Santiago non se me ocorreu nunca ata que este ano pasado empecei a estudar galego na universidade. Ao principio pensei que era unha boa oportunidade para completar os meus estudos, pero co tempo decidín que a lingua galega interesábame e que quería achegarme ao máximo á súa cultura. Por iso, cando a miña profesora na universidade me falou da posibilidade de vir a estes cursos non o pensei dúas veces e axiña dixen que si quería vir, aínda que a xente moitas veces preguntaba que ía facer eu estudando galego en verán.


Non coñecía Galicia e o pouco que sabía desta terra era o que oín na clase, pero quería ver Galicia desde dentro xa que nove horas de galego á semana polo visto non eran suficientes para min, así que cheguei coa intención de aprender e gozar todo o posible. A verdade é que os días pasaron sen darme conta e en xeral lévome moi bos recordos deste mes de xullo. As clases, as excursións, a xente.....todo iso fixo que me senta a gusto, pero o máis importante que me levo á miña casa son os amigos que fixen.

O curso foi unha experiencia moi agradable, coñecín moitos lugares como Lugo, Vigo, Cariño (si Paulina, Cariño), San Andrés de Teixido... e tamén o propio Santiago. Non quero que acabe este mes e ter que volver a casa, pero sei que sempre recordarei os días que pasei polas rúas de Santiago, as tapas, as festas, os amigos, as clases, as cancións....
A partir de agora se alguén me pregunta por Galicia recomendareina sen dúbida, xa que creo que é unha terra que merece ser coñecida e a mellor forma é deixando que cha ensinen os propios galegos como no noso caso. Espero que a miña relación co galego non remate aquí e que poda volver outro ano e seguir aprendendo.
María Mentxaka (Euskadi)

sábado, 25 de julio de 2009

XuLLo GaLEG@ e GaLeg@s sEmPre!


Dende que nacín, esta terra viume cada verán entre Compostela e Montederramo (Ourense), xa fose en Xullo ou en Agosto. “Me’n vaig al poble” dicía eu ao rematar a escola. Daquela, aínda que me gustaba vir, as vacacións na aldea eran só unha obriga e o foron ata que puiden quedar en Barcelona para traballar nos meses de verán. Galicia, entón, deixou de ser aquelo que viña sendo para min, ata se converter só na terra de orixe dos meus pais. Malia que eles os dous falan galego as vinte e catro horas do día e que veñen a Galicia a miúdo, a terra das meigas chegou a me quedar moi lonxe, xeográfica e sentimentalmente. O ano pasado dixéronme de estudar nos cursos de galego da Universitat de Barcelona (UB) porque a Xunta financiábaos e podiamos conseguir 7.5 créditos no noso expediente. Recoñezo que a primeira idea non era a de redescubrir a miña sangue 100% senón só aproveitar a oportunidade que se me ofrecera para os meus estudos. Na clase (o ano pasado non houbo tódolos niveis do Celga xa que era o primeiro ano que se daban as clases na universidade) ás veces pensaba que facía eu alí se non ía para filóloga (como moitos o son na nosa clase;P) pero cando o meu profesor falaba desta a nosa terra e cando unha tarde puxémonos a cantar os dous diante da mirada de: que fan estes? do resto da nosa clase, alí comecei a entender que a miña sangue é galega, que a miña orixe é galega e que a miña familia tamén o é. As clases remataron e a miña paixón por Galicia medrou a barullo pero non foi ata que Silvio, meu compañeiro na clase de informática, me dixo que era galego e que aínda que o seu corpo estivera en Barcelona, a súa cabeza e o seu corazón estaba en Galiza. A súa loita polo galego e por a liberdade en Galiza fíxome pensar que estaba eu a facer; a que fora a miña loita aí atrás era agora a súa e aínda máis, o era a mil quilómetros de distancia. Esta bolsa que se me concedeu para estudar en Santiago ía ser para voltar a esta cidade e para cambiar algunhas cousas na miña vida pero o que me levo non só é iso senón que é moito máis, é a seguridade de que esta é a miña terra na que me sento ben e na que todo me fai sentir na casa. Sen dubida agora si que podo dicir que son catalá pero abofé SON GALEGA e non só pola miña sangue!!!!!!!!
Marta Bascoy Fernández (Cataluña)