jueves, 11 de marzo de 2010

Un ano máis xa están aquí Os cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros! Aí vos deixo o link, para que vos animedes a "clickar" e apuntarvos! ;) Unha aperta dende Compostela

http://ilg.usc.es/ilgas/cursos_gex10/cursos_gl.html

viernes, 22 de enero de 2010

QUEREMOS GALEGO!!!




Ola a todas e a todos! Entre tanta revolta que temos pola terra polo actual problema do decreto do galego, quero agradecervos a vós, galegas e galegos de adopción espallados por todo o mundo, o respecto e o interese que mostráchedes sempre pola nosa lingua, e que aínda seguides mostrando, esperemos que por mooooito tempo! Grazas por serdes tan bos embaixadores da nosa lingua, por levala aló onde vaiades, e grazas, en definitiva por QUERER GALEGO!


Déixovos unha fotiño da faixa que levamos @s compañeir@s do ILG á manifestación que tivo lugar en Compostela o 21-1-2009 contra o decreto... espero que vos guste.




Unha aperta,




Rosa

jueves, 14 de enero de 2010

Xa sei que tardei un pouco, pero é que tardaron en traerma. Velaquí tedes, por fin, a prometida foto de Cariño. Para comezar o ano con humor e con amor.
Unha aperta grande,
Carme

martes, 22 de diciembre de 2009

jueves, 19 de noviembre de 2009

Ao equipo internacional de galego...

Ola tod@s :)

Aquí en Gales acordeivos anoite despois dunha saída co obxectivo de falar galego; creo que xa volo mencionei o da nosa 'sociedade galega' que vai atraendo fieis cada vez máis numerosos con cada encontro nun pub galego-friendly os mércores pola noite ;)

Hoxe se realizou un dos meus desexos que tivera dende aquel último día en Santiago - unha clase de galego! Por fin. Xa que non se apuntaran suficiente alumnos do cuarto curso, non podo estudalo oficialmente pero nin a asistante de galego nin nós os alumnos insatisfeitos somos quenes acepta-las cousas tal que son, e temos organizado unha especie de clase inoficial á hora de xantar. Estou moi contento de que teña de novo os recursos de seguir aprendendo a lingua de Galiza! Moi contento.

Tamén vos quixera informar da presencia dalgunhas estudantes galegas aquí na nosa Universidade de Bangor, con que teño o pracer de conversar en galego. Coma case todos os santiagueses durante o curso, aínda me enche dunha ledicia enorme ver o sorprendidos que quedaron os de Vigo, Santiago e Carballo ao saberen que eu, un inglés, falo galego.

Finalmente, espero que as cousas vos vaian ben a todos e a todas, e que vos animedes a subir aquí alguiño de vez en cando e así o blog irá medrando! É unha plataforma moi util, graciñas ás teachers para ter tido a idea. Por certo, xa vin os videos da Txeca e da Madrigalega, e son moi bos os dous. :)

Moitos bicos,

Tom